PAL: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Cheluco (conversa | contribucións)
m algo máis da wikipedia inglesa
Liña 4:
O sistema PAL desenvolveuno [[Walter Bruch]] de [[Telefunken]] en Alemaña a partir do sistema [[NTSC]], mellorando a súa calidade e reducindo os erros de [[fase dunha onda|fase]] que provocaba cambios na tonalidade das cores. As primeiras transmisións comezaron en [[1964]] no [[Reino Unido]] e [[1967]] en [[Alemaña]], a maioría dos países europeos adoptaron o sistema, así como boa parte dos africanos e asiáticos.
== Descrición ==
A base do PAL e do NTSC son semellantes, envíase o sinal de [[cor|crominancia]] a unha frecuencia subportadora, 4.43361875 [[MHz]], [[Modulación de amplitude de cadratura|modulada en amplitude en cadratura]] que se engade ao sinal de [[luz|luminancia]] para formar un sinal [[vídeo composto]] de banda base. O seu nome "Phase Alternating Line" (liña de fase alternante) describe o xeito en que se transmite a información de crominancia do sinal de vídeo, inverténdose en fase en cada liña, corrixíndose automaticamente os erros de fase na transmisión do sinal ao se cancelaren entre si. As liñas onde a fase de cor está invertida en relación ao sistema NTSC denomínanse liñas PAL ou liñas, mentres as restantes denomínanse liñas NTSC.
 
[[Categoría:Televisión]]