Manuel Vieites: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
alfabertizo cat
Xas (conversa | contribucións)
Liña 4:
É licenciado en Filoloxía Xermánica e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. A partir de [[1980]], comezou a desenvolver un grande labor como animador teatral, actor, director e estudoso da dramática galega. Entre os seus logros, figura o Taller de Teatro da Escola Popular de [[Corcubión]], a Aula de Teatro da Escola de Profesorado da EXB de [[Pontevedra]] ([[1986]]-[[1989]]), ser o director e mais un dos fundadores dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, dirixir dous espectáculos (en [[1985]] e [[1986]]) coa compañía Teatro de Ningures, formar parte dos Consellos de Redacción da ''Revista Galega de Teatro'' e da revista ''ADE-Teatro'', dirixir as publicacións ''Ensaio'' e o ''Anuario Galego de Estudos Teatrais'', ser profesor da [[Universidade de Vigo]], dirixir o [[I.E.S. Politécnico de Vigo]] ou participar na edición da ''Biblioteca de Teatro'' posta en marcha pola Editorial Galaxia en [[2004]].
 
Desde [[1996]] forma parte da Asociación de Directores de Escena de España e, actualmente, é o director da [[Escola Superior de Arte Dramática]] de [[Vigo]].
 
==Obras==