Diferenzas entre revisións de «Catedral de Salisbury»

arranxiños
(arranxiños)
[[Imaxe:Salisbury Cathedral.jpg|thumbnail|right|300px||Vista exterior da catedral]]
[[Imaxe:Salisbury cathedral plan.jpg|right|300px|thumb|PrantaPlanta da catedral de Salisbury, con forma de dobre cruz latina, cunha lonxitude total de 142 metros e unha anchura máxima de 61,5 metros no maior dos transeptos]]
A '''catedral de Salisbury''' atópase na localidade [[Inglaterra|inglesa]] de [[Salisbury]], no condado de [[Wiltshire]].
 
A súa construción comezouse ao trasladarse o bispado dende [[Old Sarum]], en [[1220]], sendo bispo Richard Poore. A construción da catedral comezou polo lado oriental. A capela da nosa Señora, a [[xirola]] de forma rectangular e as naves laterais do [[presbiterio]] rematáronse en [[1225]], e en [[1258]] completáronse a [[nave (arquitectura)|nave]], o [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]] e o [[coro (arquitectura)|coro]]. A espectacular fachada oeste estivo acabada en [[1265]]. En [[1320]] terminouse de construír a [[torre]] e a [[agulla]]. Cunha altura de 123 metros, a agulla da catedral de Salisbury é a máis alta de toda [[Inglaterra]].
 
Con todo, a agulla que debía dar grandeza á catedral converteuse nun auténtico problema. Xunto coa torre, engadiu 6.500 toneladas ao peso do edificio. Ao longo dos anos fóronse engadindo diferentes medios de suxecciónsuxeición para evitar que a abadía se derrube polo exceso de peso, tal e como ocorreu coa abadía de [[Malmesmury]].
 
En [[1790]], o arquitecto [[James Wyatt]] realizou algunhas mudanzas significativas, e controvertidos, á catedral. Estes cambios incluían a substitución do coro orixinal e a demolición da torre da campá que se alzaba unha altura de 100 metros na zona noroeste do edificio principal.
 
==Descrición==
A catedral atópase illada nunha extensión de terreo de céspede, o que favorece a impresión do conxunto. A prantaplanta da catedral ten forma de dobre cruz, cunha lonxitude de 142 metros, presenta tres naves cubertas con arcos de crucería, as naves están limitadas polo [[transepto]] maior, cunha lonxitude de 61,5 metros, cuberto tamén con arcos de crucería, tras o transepto maior atópase o pequeno coro, o transepto menor, o [[presbiterio]] e a cabeceira, que dunha forma plana, habitual na arquitectura gótica inglesa. Destacan tamén as construcións anexas ao templo do [[claustro]] e a [[sala capitular]], con forma octogonal e gran bóveda sostida por unha única columna central.
 
== Galería ==
Usuario anónimo