Xoán Damasceno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
Sucedeu ao seu pai como oficial administrativo do [[califa]] de Damasco. No [[730]], desafiou ao emperador bizantino [[León III, Emperador|León III]] na súa defensa das iconas, seguindo a espiritualidade dos monxes ortodoxos e en contra dos teólogos imperiais.
 
Tras repartir todos os seus bens entre os necesitados, retirouse a un mosteiro en [[Mar Sabas]], preto de Xerusalén, onde pasou o resto da súa vida estudando,escribindo e predicando (foi coñecido como o ''Chrisorrhoas'' o manancial de ouro). Alí foi ordeado presbítero no ano [[735]], e alí permanece enterrado.
 
==Pensamento==
No seu ''Discurso sobre as sagradas imaxes'' defende que Deus é o creador da materia, e lonxe de ser esta algo negativo, é o medio a través do cal o home é salvado da morte e da escravitude do pecado, mediante o misterio da [[encarnación]] e a [[resurrección]] da carne. Deus mesmo se fixo materia en [[Xesús de Nazareth]]. As iconas non se adoran senón que se veneraveneran. O que as palabras ensinan ao o oído, as imaxes ensínano aos ollos. ''As imaxes son o catecismo dos que non len''
 
Na súa ''Fonte do Coñecemento'' fai unha interpretación cristiá de [[Porfirio]] e da [[metafísica]] e a [[lóxica]] de [[Aristóteles]]. Así mesmo, vai expoñendo as diversas herexías e refutándoas consonte o establecido pola fe ortodoxa. Recolle e ordena sistematicamente as ideas de [[Basilio o Grande]], [[Gregorio de Nisa]] e [[Gregorio Nacianceno]], os denominados Pais da [[Capadocia]], e o fai cunha reformulación aristotélica que en Occidente se recollerá e será decisiva para o nacemento da [[escolástica]].