Xoán Damasceno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
imaxe e iw
Liña 12:
Na súa ''Fonte do Coñecemento'' fai unha interpretación cristiá de [[Porfirio]] e da [[metafísica]] e a [[lóxica]] de [[Aristóteles]]. Así mesmo, vai expoñendo as diversas herexías e refutándoas consonte o establecido pola fe ortodoxa. Recolle e ordena sistematicamente as ideas de [[Basilio o Grande]], [[Gregorio de Nisa]] e [[Gregorio Nacianceno]], os denominados Pais da [[Capadocia]], e o fai cunha reformulación aristotélica que en Occidente se recollerá e será decisiva para o nacemento da [[escolástica]].
 
Para Xoán Damasceno todo o que hai no mundo é mudable, polo que non ten fundamento en si mesmo, de maneira que tivo que ser creado. É preciso un ser increado que dea fundamento, continuidade e meta a todo o existente, este é Deus. Vese aquí un anticipo das famosas vías de [[Tomé de Aquino]]. A Beleza, a Harmonía e o Cosmos, son incompatibles coa casualidade e o caos, do que se deriva a existencia dun primeiro principio ordenador. Aínda que deste xeito se pode chegar a concluír a existencia de Deus, a súa esencia é incognoscible. Por iso o camiño máis acertado para falar de Deus é o negativo, pois cada atributo positivo é máis desigual ca igual a Deus.
 
En canto ao home, entende, como [[Platón]] e [[Plotino]], que ten unha [[alma]] inmortal dotada de libre albedrío, pero a completude do ser humano supón corporeidade de aí a necesidade da resurrección dos mortos como culminación das arelas do home.
 
Nos ''Paralelos sagrados'', fai unha serie de exhortacións morais nas que salientan a necesidade da humildade para abrirse á acción de Deus ([[Graza]]) e acadar a fonte e o cumio de todas as virtudes: o ''agape'' (o amor).
 
No ''Octoechos'', recompila e revisa himnos e poemas.
 
Nunha obra menor ''Sobre os dragóns e as pantasmas'', combate as supersticións, para el é a razón a que debe explicar os fenómenos naturais. A superstición é froito da ignorancia.
 
==Influencia==
A Igrexa Ortodoxa considérao unha das súas grandes autoridades doutrinais. A Igrexa Católica teno oficialmente como un dos seus [[doutores da Igrexa|doutores]]
 
[[Categoría:Santos]]