Serres, Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
+foto
Xoacas (conversa | contribucións)
m recat.
Liña 17:
A '''igrexa parroquial''' de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No [[século XVIII]] a Cofraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. En [[1892]] levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sacristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.
 
En [[1984]] remodelouse o presbiterio, desprazándose cara adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre escombros. En [[1991]] volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cudrangularcuadrangular.
 
O '''santuario da Virxe do Carme''', de estilo [[gótico]], foi construído cara o [[século XV]]. Acolle unha imaxe da Virxe, atopada segundo a tradición nunha praia veciña.
Liña 23:
A planta é rectangular, composta por unha soa nave dividida en catro tramos por tres arcos apuntados. No exterior ten grosos contrafortes e uns grandes [[canzorro]]s de inspiración románica. A carón da fachada principal está anexo o edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados, que tamén servía lugar de acollida para os peregrinos que dende Compostela se dirixían a Fisterra. O conxunto da obra foi declarado Monumento Nacional.
 
O '''muíño de marea do Pozo de Cachón''' foi construído no primeiro cuarto do [[século XIX]]. Logo de estar abandonado, en [[1990]] iniciouse a súa rehabilitación. Ten planta rectangular, cuhacunha parte adicada a almacén onde a principios do [[século XX]] funcionaron os Baños de Santa María, unha balneario especializado na hidroterapia con auga mariña e baños temperados de algas.
 
É un dos maiores muíños do estado das súas características. Na actualidade funciona como centro cultural, albergando de xeito permanente paneis con explicacións sobre a súa construción e función. Tamén acolle exposicións temporais e diversas actividades culturais.
Liña 39:
{{Muros}}
 
[[Categoría:Parroquias de Muros]]
 
[[pms:Serres, Muros]]