Anos das Lámpadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1:
{{Historia de Arda}}
No [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]], os '''Anos das Lámpadas''' son o primeiro dos tres grandes periodosperíodos de [[Arda]], o mundo no que se desenvolven a maioría dos acontecementos narrados na súa mitoloxía. Os dous periodosperíodos seguintes son os [[Anos das Árbores]] e os [[Anos do Sol]], nesa orde.
 
Os Anos das Lámpadas comezaron pouco despois da creación de Arda. Cando os [[Valar]] descenderon ao mundo, Arda carecía de vida e de trazos xeográficos marcados: a forma orixinal de Arda, escollida polos Valar, era un enorme continente simétrico.
Liña 6:
[[Aulë]], o ferreiro dos Valar, creou a estrutura das lámpadas (e tamén dos piares que as sostiñan). Despois [[Varda]] encheunas concentrando a difusa luz que iluminaba Arda daquela, e [[Manwë]] consagrounas. A lámpada chamada Illuin foi situada no estremo norte de Arda, e a outra, Ormal, no estremo sur. No medio, onde confluía a luz de ambas, atopábase un gran lago que rodeaba a illa de [[Almaren]], onde habitaban os Valar.
O periodoperíodo que seguiu á creación das lámpadas coñécese como a '''Primavera de Arda''', na que os Valar organizaron o mundo como desexaron e repousaron en Almaren. Esta é a época na que apareceron os primeiros animais e na que medraron as primeiras fragas. [[Melkor]], o Vala maligno, que até daquela asexara alén dos [[Muros da Noite]], aproveitou o sono de [[Tulkas]] para entrar en Arda inadvertido, xunto coa súa hoste, e construíu no norte a súa primeira fortaleza, [[Utumno]].
 
As lámpadas foron destruídas nun ataque de Melkor, que supuxo a fin definitiva da Primavera de Arda, xa eivada en parte polo mal e o odio que manaban desde Utumno. Arda ficou unha vez máis ás escuras, e a caída das lámpadas estragou a perfecta simetría da súa superficie. Co cataclismo creáronse novos continentes: [[Aman]] no oeste, a [[Terra Media]] no medio, as terras inhabitadas (máis tarde coñecidas como a [[Terra do Sol]]) no leste, e a [[Terra Escura]] no sur. No lugar onde caeu Illuin formouse máis adiante o Mar Interior de Helcar, no que se atopaba a baía de [[Cuiviénen]]. A destrución das Dúas Lámpadas marcou a fin dos Anos das Lámpadas e o inicio dos Anos das Árbores.