Hilary Putnam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
 
==Pensamento==
Putnam tenta responder á pregunta de en que medida somos quen de coñecer o mundo real. Rexeita o que denomina o realismo metafísico ou realismo externo que mantén que se pode chegar a unha descrición auténtica e global de como o mundo é. Para PutnanPutnam a verdade é un xeito de coherencia entre as nosas crenzas entre si e coas nosas experiencias. Pero experiencias que son internas ao noso sistema de crenzas.
 
Marca tamén distancias co relativismo pois unha cousa é non poder chegar a unha descrición incontaminada do real e outra que calquera esquema conceptual poida ser válido. Nunca un enunciado e a súa negación poden ter o mesmo valor de verdade, e ha de estar subordinado á nosa práctica (amosando unha clara influencia de [[William James]]). Seguindo unha certa evolución no seu pensameno chega a afirmar que as nosas experiencias son, de entrada, encontros directos coa realidade.
Liña 16:
Putnam sostén que é posible unha fundamentación racional para a ética e se amosa a prol dunha ética universal e insiste en non confundir pluralismo con relativismo. Unha verdade merecedora de tal nome ten que estar no mundo e someterse á discusión pública. Non todo vale pero a democracia é unha condición irrenunciable para o debate sobre a verdade. Defende, xa que logo, un [[pragmatismo]] que marca distancias co escepticismo moral e co dogmatismo.
 
Putman é celebrecélebre pola formulación de ideas como a realizabilidade múltiple, o isomorfismo funcional, o experimento da terra xemelga, o argumento da indispensabilidade, o cerebro na cubeta...
 
==Obras==