Plotino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Neoplatonismo
Liña 6:
Plotino mergullouse no estudo da filosofía aos 27 anos e desprazouse a [[Alexandría]] onde buscou un mestre que satisfixera as súas inquedanzas intelectuais e morais ata que encontrou a [[Ammonius Saccas]]. [[Alexandre de Afrodisias]], [[Numenius]] e varios estoicos influíron tamén no seu pensamento.
 
Tras nove anos en Alexandría, Plotino decidiu pescudar a filosofía de [[Persia]] e a [[India]]. Para iso enrolouse no exército de [[Gordiano III]], cuxa campaña foi un fracaso. Isto provocou que Plotino se vise só e abandonado en terra hostil ata que conseguiu alcanzar a segura cidade de [[Antioquía]]. A idade de 40 anos, estableceuse en [[Roma]] onde fixo un gran número de discípulos (Porfirio, Amelio Xentiliano da Toscana, o senador Castricio Firmus, Eustoquio de Alexandría, Zetos, Paulino...). Plotino gañouse o respecto de Galiaeno[[Galieno]] e a súa dona Salonina. Chegouse a concibir unha cidade en [[Campania]] como residencia dos filósofos baixo as leis de [[Platón]], proxecto que non chegou a tomar corpo. Foise vivir a [[Sicilia]] e pasou o final dos seus días en Campania coidado por Eustoquio.
 
Os ensaios que constituirán as ''Enéades'' foron escritos durante un longo período de 17 anos que chegou ata poucos meses antes do seu pasamento. Incapaz de ordenalos e revisalos por mor da súa deficiente visión, será Porfirio quen nos achegue estruturada esta obra capital da historia da filosofía composta de seis libros de nove tratados cada un.
 
==Pensamento==