Die Traumdeutung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
:''Nas páxinas que seguen demostrarei que existe unha técnica psicolóxica que permite interpretar soños, e que, se se aplica este procedemento, todo soño aparece como un produto psíquico provisto de sentido ao que cabe asignar un posto determinado dentro do trafego anímico da vixilia. Tentarei, ademais, aclarar os procesos que dan ao soño o carácter de algo alleo e irrecoñecible, e dende eles remontareime á natureza das forzas psíquicas de cuxa acción conxugada ou contraria nace o soño''.<ref>Sigmund Freud. Obras completas. Volume IV: ''A interpretación dos soños (primeira parte) (1900)''. Páxina 29. Amorrortu editores.</ref>
 
A obra introduce o concepto de [[IsoEgo, Eusuperego e Supereuid|Eu]], e describe a teoría de Freud do [[inconsciente]] no que concerne á [[interpretación dos soños]]. Os soños, dende o punto de vista freudiano, constitúen formas de "cumprimento do desexo" — tentativas do inconsciente para resolver un conflito dalgunha clase, xa sexa algo recente ou algo procedente en grao sumo fondo do pasado (máis tarde en ''Máis aló do Principio de Pracer'' Freud falaría dos soños que non parecían constituírse en cumprimento de desexo). Con todo, debido a que a información no inconsciente se atopa nunha indomable e a miúdo perturbadora forma, un "censor" no [[preconsciente]] non permitirá que pase inalterada á consciencia. Durante os soños, o preconsciente é máis laxo neste deber que en horas de vixilia, pero aínda está atento: como tal, o inconsciente debe falsear e deformar o sentido da súa información para que poida pasar a través da censura. Así, as imaxes nos soños a miúdo non son o que parecen ser, segundo Freud, e necesitan dunha profunda '''interpretación''' para que poidan informarnos sobre as estruturas do inconsciente.
 
Freud basea a súa argumentación na revisión inicial de traballos científicos previos de análises dos soños, que atopa interesantes mais inaxeitados. A continuación describe unha serie de soños que ilustran a súa teoría. Moitos dos seus soños máis importantes son propios — o seu método é inaugurado cunha análise do seu soño "[[A inxección de Irma]]" — pero moitos tamén proceden de estudos de casos de pacientes. A maior parte das fontes de Freud para a análise están na literatura, e o libro é tanto un autoconsciente intento de análise literaria como un estudo psicolóxico. Freud aquí tamén examina en primeiro lugar o que máis tarde se convertería na teoría do [[complexo de Edipo]].