Motivación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''motivación''' é a causa que explica unha determinada [[conduta]], sobre todo o motivo polo cal unha persoa se comporta dunha maneira ou o interese que leva a tentar conseguir algún obxectivo.<ref>Geen, R. G. (1995), ''Human motivation: A social psychological approach''. Belmont, CA: Coo.</ref> A motivación nace das experiencias anteriores, da [[crenza]] ou expectativa sobre un feito futuro e das emocións asociadas a unha tarefa. Como que é un proceso interno, non é directamente observable, senón que se ten que xulgar polas accións ou expresións do suxeito. Algunhas das motivacións máis profundas relaciónanse coaco [[inconsciente]].
 
A motivación é unha das áreas de estudo da [[psicoloxía]]. As súas aplicacións céntranse nas esferas produtivas da vida, a [[educación]] e o traballo, onde o individuo ten que render e ten que estar motivado para facelo. O interese mellora a [[atención]], aumenta o esforzo e a produtividade, amaña os erros máis axiña e permite dedicar máis tempo a unha tarefa sen fatiga.