Raúl Morodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 4:
Estudou ata o [[bacharelato]] no [[Colexio Tirso de Molina]] de [[Ferrol]], e en [[1952]] marcha a [[Salamanca]] para estudar [[dereito]]. Na capital salmantina licenciouse en [[1958]] e doutorouse posteriormente.
 
En [[1968]], con outras persoas entre as que se contaba [[Enrique Tierno Galván]], funda en [[Madrid]] o [[Partido Socialista del Interior]] (PSI), e será o seu primeiro secretario xeral. Pola súa actividade política durante o [[francisco Franco|franquismo]] será detido e desterrado a aldeas da [[provincia de Albacete]]. En 1974 o PSI muda o seu nome polo de [[Partido Socialista Popular (España)|Partido Socialista Popular]] (PSP). En [[1977]] obtén un dos cinco escanos desta formación nas [[Eleccións Xerais 1977 en España|eleccións a Cortes Constituíntes]], pola [[provincia de Madrid|circunscrición de Madrid]]. En [[1978]] o seu partido fusiónase co [[PSOE]], e el abandona a política de primeira fila e tamén loxicamente a secretaría xeral do PSP. Trala vitoria do PSOE, en [[1983]] é nomeado embaixador-representante permanente de [[España]] na [[Unesco]], posto que ocuparía durante dous anos.
 
Nas [[eleccións ao Parlamento Europeo, 1987|eleccións ao Parlamento Europeo de 1987]] sae elixido na candidatura do [[Centro Democrático y Social]], encabezada por [[Eduard Punset]], e [[Eleccións ao Parlamento Europeo, 1989|en 1989]] revalida de novo ese escano, malia o retroceso xeral da súa formación. Dende ese [[1989]] e ata [[1992]] foi vicepresidente da [[Internacional Liberal y Progresista]]. En [[1991]] presentouse ás eleccións a presidente do CDS, nunha candidatura conxunta con [[Rosa Posada]] como secretaria xeral, pero foron derrotados polo tándem que compuñan [[Rafael Calvo Ortega]] (presidente) e [[Antoni Fernández Teixidó]] (secretario xeral) por 445 votos a 339.