Plotino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 11:
==Pensamento==
 
Plotino mantiña unha gran desconfianza cara o corpóreo e o material. Sostiña que os fenómenos[[fenómeno]]s sensibles eran unha imiitación de algo máis elevado e superior, o xenuino e verdadeiro [[Ser]].
 
Plotino mantén a existencia do UN, trascendente e sen multiplicidade nin distinción, que en realidade está alén da diferenciación entre o que comunmente coñecemos como ser ou o non-ser. A categoría común de ser a facemos derivar da nosa experiencia corriente en relación a diversidade de obxectos, pero o Un está máis alá das nosas categorías e trascende os obxectos sensibles. O un non é a mera suma da totalidade dos obxectos senón a realidade subxacente e trascendente a todos eles que se identifica co [[Ben]] e a [[Beleza]]. O pensamento non pode ser atribuído ao Un porque implica distinción, diferenciación entre o pensante e o obxecto pensado. Sen o un nada podería existir. Ao un non se lle pode atribuír ningunha actividade polo que tampouco é o creador da realidade. A multiplicidade deriva do simple, polo que do un, por '''emanación''', derivan todas as cousas. O imperfecto emana do perfecto en estadios de sucesiva imperfección. A emanación non afecta, altera ou diminúe ao Un, igual que o [[sol]] non diminue pola emanación da súa [[luz]].
 
A primeira emanación é o [[Nous]], o logos[[L]], o verbo[[Verbo]] ou razón[[Razón]], que sería o equivalente ao [[Demiurgo]] de [[Platón]]. Do nous procede a [[alma]] do mundo cuxa emanación inferior é a [[natureza]].
 
A [[felicidade]] do home non depende do mundo físico, senón que é unha experiencia metafísica que se acada mediante a razón e a capacidade de contemplación. O home é independente do seu corpo, a súa alma é inmortal, polo que a enfermidade, a dor ou a incomodidade non teñen porque atinxir ao seu estado de felicidade. É posible acadar a fusión co Un mediante unha especie de iluminación que constitúe unha experiencia mística á que Plotino chegou nalgunhas ocasións segundo relata Porfirio.
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]