Pāṇini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 6:
Non se coñece nada consistente a propósito da súa vida, nin sequera o século no que viviu (con certeza despois do século VII a.C. e antes do século III a.C.). Segundo a tradición india, Pāṇini nacería en Shâlâtula, preto do [[Indo]], hoxe no territorio de [[Pakistán]], e viviría do 520 ao 460 a.C., durante o período [[védico]] tardío. Pāṇini instituíu algunhas regras especiais, chamadas ''chandasi'' («nos himnos») para dar conta das formas das escrituras védicas caídas en desuso na lingua falada do seu tempo, indicando que o sánscrito védico era xa un dialecto arcaico, pero aínda comprensíbel.
 
O concepto de ''[[dharma]]'' está testemuñado na súa frase de exemplo (4.4.41) ''dharmam carati'', « el respecta a lei ». Un indicio importante para a datación de Pāṇini é a ocorrencia do ''yavan-'', « [[xonio]], [[grego]] » en 4.1.49, onde a formación da palabra ''yavanānī'' (« muller grega » ou « escritura grega ») é discutida. Non se sabe se o traballo orixinal de Pāṇini era en forma escrita, algúns pretenden que un traballo de tal complexidade sería imposíbel de compilar sen notas escritas. Outros enxergan a posibilidade de que Pāṇini puidese telo composto coa axuda dun grupo de estudantes cuxos traballos lle serviron de bloc de notas. Sen embargo, como a escritura aparece na India baixo a súa forma [[brahmi]] no século V a.C., é posíbel que Pāṇini coñecese e utilizase un sistema de escritura.
 
[[Categoría:Personalidades da lingüística|Pāṇini|]]