Sauron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fa:سائورون
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 41:
Desde que é corrompido, Sauron convértese no máis temido dos servidores de Morgoth, e dise que é posible que Sauron fora dos máis poderosos entre os Maiar. Sábese porén polos escritos do autor que Sauron temía profundamente a [[Melian]] a Maia, esposa de Thingol, e nunca se atreveu a desafiala.
 
=== Sauron antes e durante a PrimeraPrimeira Idade ===
[[Ficheiro:Sauron replica.jpg|thumb|250px|Sauron nos filmes de Peter Jackson]]
Durante a [[Primeira Idade]] Sauron serviu a [[Morgoth]] como o seu lugartenente. Durante os [[Anos das Lámpadas]], mentres Melkor residía en [[Utumno]], Sauron fíxose cargo da recentemente construída [[Angband]]. Trala [[Guerra dos Poderes]] e a destrución de Utumno, Sauron escondeuse e os Valar non puideron atopalo. Tralo retorno de Morgoth, púxose novamente ás súas ordes. Coñecido polos elfos como [[Gorthaur]] o Cruel, era un mestre das ilusións e a metamorfose. Tiña como serventes ós homes-lobo e outros demos, pantasmas e formas horripilantes, e durante este periodoperíodo conquistou a illa élfica de [[Tol Sirion]], chamada desde entón ''Tol-in-Gaurhoth'', a Illa dos Licántropos. Dominouna baixo un feitizo de medo que fixo fuxir ós Noldor.
 
Sauron é o máis letal dos serventes de [[Morgoth]] na Primeira Idade e comanda un exército propio. O personaxe antagónico a Sauron na PI é [[Melian]] a Maia, esposa de [[Thingol]], e é preto dela que Sauron participa na maior parte da Historia. Sauron está estreitamente envolto na historia de [[Beren]] e [[Lúthien]] e na liberación do [[Silmaril]]. Desde a torre de [[Tol-in-Gaurhoth]] (Minas Tirith de [[Finrod]] rebautizada "Illa dos Licántropos") sae un poder maligno que sempre se enreda co poder da [[Cintura de Melian]]. Entre outras batallas importantes, [[Finrod Felagund]] faille fronte a Sauron cara a cara, pero cae baixo os enganos deste espírito, máis poderoso ca el.
Liña 56:
Ó inicio da [[Segunda Idade]] concéntrase no engano e a persuasión antes de despregar as súas forzas, de maneira que usou unha nova identidade facéndose chamar ''[[Annatar]]'' o "Señor dos Dons", presentándose cunha fermosa forma e dicindo ser enviado polos [[Valar]] para axudar ós [[Noldor]] nas súas tarefas para embelecer a [[Terra Media]] durante a Segunda Idade. Sauron no personaxe de Annatar é expulsado de [[Lindon]], a Terra de [[Gil-Galad]], posto que tanto o primeiro como [[Galadriel]] e [[Elrond]] desconfiaban deste novo personaxe. Pero foi ben recibido por [[Celebrimbor]] en [[Ost-in-Edhil]], a principal cidade de [[Eregion]], onde persuadiu ós Elfos para que forxasen os [[Aneis de poder]]. Porén o [[Anel Único]] foi forxado só por el nos fogos do [[Orodruin|Monte do Destino]], feito para dominar a tódalas razas da [[Terra Media]]. Sobre a sorte dese Anel e as guerras que por el se libraron trata ''[[O Señor dos Aneis]]''.
 
A Segunda Idade é chamada "os Anos Escuros", xa que, agás as protexidas [[Lindon]] e [[Imladris]], Sauron estende a escuridade, dominando ós Homes menores da Terra Media, quen, temerosamentecheos de medo, o veneraban como un deus. Cando [[Celebrimbor]] descobre o engano de Sauron e oculta os tres aneis élficos, o Maia enfurécese e pretende facer pagar ós elfos o que el consideraba unha traizón, e invade [[Eriador]] e asola todo o que se atopa ó seu paso. Destrúe Eregion por completo e toda Eriador cae baixo o seu poder. Ata ao embestidaataque dos Elfos no norte e os numenorianos no sur: esta é a segunda gran derrota de Sauron. Ó ser derrotado, Sauron foxe ó leste, onde se refuxia e intenta recuperar o seu poder.
 
A finais da Segunda Idade Sauron é o señor máis poderoso da [[Terra Media]]. Isto esperta a ira e a envexa de Ar-Phârazon, o último rei de Númenor, quen vai ás Beiras de [[Umbar]] (dominio numenoriano), cun poderoso exército e esixe a Sauron a súa rendición, so pena de destruílo. O Señor Escuro acepta renderse e vai como prisioneiro a Númenor, non porque realmente eles puideran atar a Sauron, que posuía o Anel Único, senón porque os seus desexos eran infiltrarse en Númenor e persuadir ó rei [[Ar-Phârazon]] de venerar a escuridade, desexar a vida eterna, rexeitar ós Elfos e ós Valar e pechar as chegadas a porto dos Elfos da Illa Solitaria.
Liña 78:
Foi finalmente derrotado cando [[Gollum]] caeu co Anel Único ás lavas do [[Orodruin|Monte do Destino]], destruíndo desta forma o principal depósito do poder maligno de Sauron. Así, dise que Sauron convértese en algo menos que un leve vento maligno, e o seu poder desfaise e esfúmase de tódalas esquinas do mundo. Seica Sauron volverá ó final dos tempos na [[Dagor Dagorath]], pelexando xunto a [[Morgoth]] e sen necesidade de recorrer ó [[Anel Único]]. Nesa batalla Sauron encontrará a fin, igual que o seu mestre.
 
== A trascendenciatranscendencia do mal de Sauron ==
Sauron é derrotado en 3019 da Terceira Idade, sen presentar batalla ós seus principais e máis odiados inimigos: [[Círdan]], [[Galadriel]] e [[Elrond]], pero a destrución do Anel Dominante sela da mesma forma a fin da historia dos Altos Elfos na [[Terra Media]]; os señores elfos usaran nos seus reinos o poder dos Tres, preservando intacto todo o que arredor deles se encontraba, por isto os seus reinos eran os máis fermosos da terra, e tamén os máis fortes, pero os Tres non estaban libres do Único, e só a presenza do Único no mundo mantiña o poder latente nos Tres.