Jameer Nelson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 28:
Nelson comezou a súa carreira na [[Saint Joseph's Hawks|Universidade de Saint Joseph's]] na tempada [[2000]]-[[2001]], facendo 6,5 asistencias por partido e batendo a marca da universidade de máis asistencias repartidas nunha soa campaña, con 213. Na súa tempada sophomore, liderou a conferencia en porcentaxe de tiros libres e finalizou segundo en anotación con 14.4. Fixo ademais 6.3 asistencias por partido, 16º na nación.
 
Pero non foi até a terceira tempada cando se asistiu á explosión como xogador de Nelson, facendo 19,7 puntos, 5,1 rebotes, 4,7 asistencias e 2,2 roubos de balón por partido. Anotou 39 puntos, marca na súa carreira universitaria, ante [[Dayton Flyers|Dayton]] na segunda rolda do torneo Atlantic 10, a terceira mellor anotación na historia do torneo e a sexta na universidade. Esa campaña, Nelson e o seu compañeiro [[Delonte West]], actualactualmente base deen [[ClevelandBoston CavaliersCeltics]], liderou aos Hawks a un balance de 27-0 na tempada regular.
 
Nelson abandonou a universidade como o mellor xogador de todos os tempos de Saint Joseph's, liderando en anotación (2.094 puntos), asistencias (714) e roubos de balón (256). O seu número foi retirado pola universidade o [[23 de abril]] de [[2004]]. Debido á súa excelente tempada de junior, Nelson recibiu o Premio John R. Wooden, o Universitario do Ano e o Premio Adolph Rupp, entre outros, en [[2004]].