Illas Eolias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Imperio otomano -> Imperio Otomán
Liña 54:
Os barcos liparienses dominaban o baixo Tirreno e no ano [[-393|393 a.C.]] interceptaron un barco romano que levaba a Delfos unha gran vasilla que representaba a décima parte do botín da conquista de [[Veyes|Veio]]. Pero o seu supremo maxistrado, Timasiteo fixo que o restituísen por tratarse dunha obra sacra dedicada ao deus [[Apolo]], que os liparienses veneraban. No [[427]] adC, durante a primeira expedición ateniense a Sicilia, conducida por Laques, os liparienses estreitaron unha alianza cos [[Siracusa|siracusanos]], quizais pola súa común orixe dórico. Sufriron ataques, como afirma [[Tucídides]], por parte da flota ateniense e da rexión de [[Reggio dei Calabria|Rexio]], pero sen graves consecuencias.
 
Posteriormente, as illas foron escenario de enfrontamentos entre [[Imperio romano|Roma]] e [[Cartago]] pola súa situación estratéxica. No [[-260|260 a.C.]], a vitoria romana na [[Batalla das illas Eolias]] sancionou o final da [[Primeira Guerra Púnica]] e a substitución do dominio marítimo cartaxinés do [[Mediterráneo]] polo romano. En [[1544]], as illas volveron ser o escenario de violentos enfrontamentos, esta vez entre [[España]] e os [[pirata]]s [[arxel]]inos de [[Jeireddín Barbarroxa]] (apoiados por [[Francia]] e o [[Imperio otomanoOtomán]]). A guerra causou o despoboamento das illas, que deberon ser recolonizadas posteriormente desde [[Nápoles]], Sicilia e España.
 
Na expedición cartaxinesa do [[-408|408]] - [[-406|406 a.C.]] Lípari mantivo de novo relacións amigables con Siracusa. Por este motivo foi atacada polo xeneral cartaxinés [[Himilcón, xeneral|Himilcón]], quen, apropiándose da cidade, obrigou aos habitantes ao pago dunha indemnización de 30 talentos. Unha vez que se marcharon os cartaxineses Lípari recobrou a súa independencia.