Xericó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: cv:Иерихон
Xas (conversa | contribucións)
Imperio otomano -> Imperio Otomán
Liña 44:
Xericó, como xa se dixo, é unha das máis antigas cidades do mundo, e éo, segundo todas as evidencias coñecidas actualmente, no entanto o seu poboamento non foi ininterrompido desde a súa remota fundación, pois durante a maior parte do IV milenio sufriu un período no que non estivo poboada e sen que haxa unha explicación axeitada<ref>Eduardo Ripoll Perelló, ''Prehistoria e Historia del Próximo Oriente''. Barcelona. Ed.Labor. 1975, 5ª edic., páx.88</ref> .
 
=== Historia Antiga ===
Foi unha cidade dos [[Cultura de Canaan|cananeos]] que supostamente foi conquistada por [[Xosuè]] (sucesor de [[Moisés]]), que a destruiu e prohibiu a súa reconstrución. Quiñentos anos máis tarde, sempre segundo os datos da Biblia, en tempos do rei [[Acab]], Hiel de Betel refundouno, desafiando o veto estabelecido. Foi unha escola de profetas. A cidade pertencía á [[tribo de Benxamín]], e limitaba cos territorios da [[tribo de Efraím|Efraím]]. No [[-587|587 a.C.]] o rei [[Sedecías]] foi derrotado polos babilonios na chaira de Xericó; o [[reino de Xudá]] foi anexionado ([[-586|586 a.C.]]) e a poboación deportada para Babilonia. Xericó foi repoboada cando o rei dos persas permitiu que os xudeus retornasen para as súas terras ([[-537|537 aC]]).
 
Liña 51:
A cidade foi visitada por [[Vespasiano]] antes de saír do país, deixando alí a ''X Lexión''. [[Tito]] destruíuna. [[Eusebio de Cesarea|Eusebio]] e [[San Xerome]] din que se construíu unha nova cidade, pero que as ruínas das dúas anteriores aínda se podían ver.
 
=== Idade Media e Moderna ===
Foi [[Imperio Bizantino|bizantina]] até o ano [[638]], no que pasou ao Califato, período no que durante o goberno dos [[Omeias]] desde [[Damasco]], foi edificado un pazo real na cidade. Durante as [[cruzadas]] formou parte do [[Reino de Xerusalén]]. A partir de [[1516]] foi [[Imperio otomanoOtomán|otomana]].
 
=== Época Contemporánea ===
Despois de [[1918]], e tras a derrota do turcos, aliados dos Imperios centrais, na [[Primeira Guerra Mundial]], foi ocupada polos británicos e integrada no [[Mandato de Palestina]]. En [[1948]], en ocasión do reparto de Palestina, foi transferida a [[Transxordania]]. En [[1967]], a consecuencia da [[Guerra dos Seis Días]], foi ocupada por [[Israel]].
 
=== Vicisitudes contemporáneas ===
Xericó foi a primeira cidade en pasar aos [[Territorios Palestinos Autónomos]], traspasados á administración da [[Autoridade Palestinina]] a data de [[13 de maio]] de [[1994]], após a sinatura dos primeiros [[Acordos de Oslo]], e a teor dos [[Acordos israelo-palestinos sobre Xericó e Gaza]] no mesmo ano [[1994]].
 
Despois dun período de reocupación israelí durante a [[Segunda Intifada]], Xericó foi devolta á Autoridade palestina o [[16 de marzo]] de [[2005]].
 
== Xericó na Biblia ==
[[Ficheiro:JSC the battle of Jericho.png|thumb|200px|Os israelitas diante das murallas de Xericó.]]Xericó foi, segundo relátase na [[Biblia]], a primeira cidade do [[país de Canaan]] conquistada por [[Xosué]] e os [[hebreos]], liberados de [[Exipto]], aproximadamente en [[-1200|1200 a.C.]] No [[Libro de Xosué]] cóntase a toma de Xericó e como, no sétimo día despois da chegada dos hebreos, as ''murallas de Xericó'' se esborrallaron, por simple vontade divina, despois de que os israelitas desfilasen sete veces arredor da cidade durante sete días, levando en diante a [[arca da alianza]] e sete [[cohen (xudaísmo)|sacerdotes]] facendo soar sete [[chofar]]s (trompetas). Xericó foi logo arrasada por enteiro. A cidade e o botín foron entón maldicidos.
 
No [[Primeiro Libro dos Reis]], en séculos posteriores, Hiel de Betel reconstrúe Xericó: {{cita|Puxo os alicerces ao prezo de Abiram, o seu primoxénito, e levantou as portas ao prezo de Segub, seu fillo máis novo, para cumprir a palabra que o Eterno dixera por boca de Xosué, fillo de Nun.'' [...]}}
 
== Ver tamén Notas==
* [[Rahab]]
* [[Xosue]]
* [[Historia de Palestina]]
 
== Notas ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
{{commons|Category:Jericho}}
===Outros Ligazóns externas artigos===
* [[Rahab]]
* {{fr}} [http://www.antikforever.com/Syrie-Palestine/main_palest.htm Artigos sobre Xericó e outras cidades de Siria-Palestina]
* [[Xosue]]
* {{en}} [http://worldpictures.wordpress.com/tag/palestine/jericho/ Imaxes de Xericó]
* [[Historia de Palestina]]
 
===Ligazóns externas===
* {{fr}} [http://www.antikforever.com/Syrie-Palestine/main_palest.htm Artigos sobre Xericó e outras cidades de Siria-Palestina]
* {{en}} [http://worldpictures.wordpress.com/tag/palestine/jericho/ Imaxes de Xericó]
 
[[Categoría:Cidades]]