Diferenzas entre revisións de «Reino de Hungría»

Imperio otomano -> Imperio Otomán
m (bot Modificado: la:Regnum Hungariae)
(Imperio otomano -> Imperio Otomán)
No [[1242]] este pequeno pero puxante reino sufriu a invasión dos mongois. Baixo [[Béla IV de Hungría]], a despoboación e pauperización do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiáticos, mandou construír unha liña de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.
 
== Unión co sacro imperio ==
A partir do [[século XIV]], os reis foron febles para aplacar ós nobres e o reino tivo non poucos problemas para facer fronte ó [[Imperio otomanoOtomán]]. O segundo rei húngaro da cas anxevina (de Anjou) foi [[Luís I o Grande de Hungría]] ([[1342]]-[[1382]]) cuxo territorio abranguía dende o [[mar Negro]] ata o [[mar Adriático]]. A filla de Luis casa con Sexismundo, entroncando a casa real húngara coa do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] na dinastía luxemburguesa.
 
O derradeiro gran rei húngaro da [[Idade media]] foi [[Matías Corvinus]], quen descendera dunha familia nobre. Estendeu as fronteiras ó sur contra os otomanos e ó noroeste contra o imperio xermánico. Durante o renacemento o reino sofre certas revoltas por parte de nobres descontentos e de campesiños, ata que en [[1521]] ''Nándorfehérvár'' ([[Belgrado]]) cae en mans turcas, e o exército húngaro é vencido na [[batalla de Mohács]].
 
== Dominación turca ==
En [[1556]] remata a expansión turca en [[Hungría]] e o que queda do reino, en mans da [[Habsburgo|dinastía Habsburgo]], divídese. [[Transilvania]] pasa a ser un estado vasalo do Imperio otomanoOtomán. [[Burgenland]], [[Eslovaquia]] e [[Transdanubia]] pasan a ser posesións dos Habsburgo baixo o nome de Hungría Real. O título de rei de Hungría sería un mero formalismo nos emperadores alemáns, xa que a principal parte do reino caera en mans turcas. A poboación buscou a protección do Sultán de [[Istambul]], quen non se meteu nos asuntos internos da poboación que ficou [[calvinista]] na maioría dos casos.
 
== Dominación austríaca ==
En [[1686]] os austríacos conquistan [[Buda]] e en [[1718]] o reino de Hungría recupera a súa independencia polo [[tratado de Karlowitz]], a capital en entón é [[Bratislava]] (hoxe capital de [[Eslovaquia]]). O [[século XVIII]] caracterizouse pola repoboación das terras devastadas e a inmigración de serbios, alemáns e austríacos.
 
== Revolución ==
En [[1848]] estala unha revolución de corte [[nacionalista]] contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; por aquel tempo as cidades de [[Buda]] e [[Pest]] eran de fala alemá). En abril de [[1849]], Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó tsar [[Nicolás I de Rusia]] e os exércitos rusos invaden o país. Ata [[1867]] o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para calma-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por [[Ferenc Deák]], chegando ó '''Compromiso de 1867''' que é o [[Ausgleich]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Historia de Hungría]].
* [[Imperio otomanoOtomán]].
* [[Imperio Austrohúngaro]].
* [[Ausgleich]].
 
[[Categoría:Historia de Hungría]]
93.803

edicións