Xurxo I de Gran Bretaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vi:George I của Anh
Xas (conversa | contribucións)
lingua alemana -> lingua alemá
Liña 3:
'''Xurxo I de Gran Bretaña''', nado en [[Osnabrück]] o [[28 de maio]] de [[1660]] e finado o [[11 de xuño]] de [[1727]], foi príncipe de Hannóver desde [[23 de xaneiro]] de [[1698]] ata a súa morte, e [[Reino de Gran Bretaña|rei de Gran Bretaña]] e [[Reino de Irlanda|Irlanda]] dende o [[1 de agosto]] de [[1714]] ata a súa morte.
 
Era tamén o ''Erzbannerträger'' (logo Arquitesoureiro) e Príncipe elector do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Xurxo I, o primeiro monarca da [[casa de Hannóver]] de Gran Bretaña e Irlanda, non falaba [[lingua inglesa|inglés]] de forma fluída, e no seu lugar, falou sempre o seu [[lingua alemanaalemá|alemán]] nativo, o que supuxo a mofa dos seus súbditos británicos. Durante o seu reinado, o poder da monarquía diminuíu, desenvolveuse o moderno sistema de goberno por Oficina. Durante os últimos anos do seu reinado, o poder de feito estivo nas mans do seu Primeiro Ministro, Sir [[Robert Walpole]].
 
En 1714 sucedeu á raíña [[Ana I de Gran Bretaña]], morta sen descendentes. Os seus dereitos á coroa baseábanse no feito de que, pola súa nai Sofía de Hannóver, era bisneto de [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe Estuardo]] (1566-1625), rei de Escocia de 1567 a 1625, convertido en Xaime I de Inglaterra e Irlanda en 1603.