Asclepio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: be:Асклепій
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Era tido por fillo de [[Apolo]] e de [[Coronis]] (filla de [[Flexias]], rei dos [[lapitas]]). Asclepio representa o aspecto curativo das artes médicas, mentres as súas fillas [[Aceso]], [[Iaso]], [[Hixia]], [[Aglaea]] e [[Panacea]] (literalmente "curalotodoque todo o cura") simbolizan o poder da limpeza, da menciña e da saúde.
 
Podía aparecer representado como unha simple [[serpe]] ou [[cobra]]; porén a representación máis frecuente era a dun home barbado, cuberto cun manto que deixaba un ombro ao aire, portando na man esquerda un [[Caxato de Asclepio|caxato]], arredor do cal se enrosca unha serpe, figuración que por veces é confundida co [[caduceo]] de [[Hermes]]. En ocasións figura aos seus pés un [[galo]], símbolo da [[vixilancia]].
 
Asclepio aprendeu a ciencia da curación sobso guía do [[centauro]] [[Quirón]], que lle ensinou todos os secretos das plantas. Como médico acompañou aos [[argonautas]] na busca do [[velociñovélaro de ouro]]. Mais Asclepio superaría ao seu mestre, pois non só sandaba, senón que mesmo comezou a resucitar os mortais. Tamaña ousadía trouxolletróuxolle a animadversión do deus do ultramundo, [[Hades]]. En castigo, un lóstrego lanzado por [[Zeus]] acabou con a súa vida. A súa tumba colócase en [[Epidauro]], sobre a que se ergue un templo.
 
== Culto ==
Despois da súa morte recibíurecibiu culto. O máis famoso dos seus santuarios foi o de [[Epidauro]], no NorlesteNordeste do [[Peloponeso]]. Outros santuarios de sona foron o da illa de [[Cos]], onde parece que [[Hipócrates]], fundador da medicina racional, comezou a súa carreira; o de [[Trikala]] e o de [[Pérgamo]], en [[Asia Menor]], lugares onde se chegou a organizar un [[sacerdocio]] especializado, ausente na maior parte do mundo helénico. Para [[Elio Arístide]] (''Discursos sagrados''), Asclepio é o máis grande dos deuses e o máis querido dos mortais. A doutrina [[hermetismo|hermética]] transformaotransfórmao nun deus conservador do [[Universo]].
 
En honra de Asclepio usábanse serpes non [[rito]]s de curación. Cobras non venenosasvelenosas deixábanse en cestas no chan dos cuartos onde doentes e feridos dormíandurmían. A comezos do 300 a.C., o culto de Asclepio foi popularísimo. Os seus templos eran denominados ''[[asclepieion]]'' e os peregrinos acudían a eles para ser curados. DormíanDurmían toda a noite e contaban os seus soños a un sacerdote no día seguinte (''[[incubatio]]''). O sacerdote entón prescribía unha cura, a miudomiúdo consistente nunha visita aos baños ou ao ximnasio. Lewis Farnell sostén que nalgún deses templos usábanse cans sagrados para lamber as feridas dos enfermos demandantes.
 
O orixinal e antigo [[xuramento hipocrático]] comezaba cunha invocación na que figuraba Asclepio: "''Xuro por Apolo Curador e por Asclepio e por Hixia e Panacea e por todos os deuses...''". Os eruditos manteñen que este xuramento non debeu ser redacradoredactado por Hipócrates, senón por outros da súa escola ou ben por seguidores de Pitágoras.
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]