Dúnedain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Insiro modelo:raza ficticia
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 27:
Os Dúnedain descendían dos amigos dos elfos, o reducido grupo de homes da [[Primeira Idade]] que se puxeron do lado dos Elfos [[Noldor]]in en [[Beleriand]]. O seu primeiro líder foi [[Elros]], un medio elfo. Os [[Valar]] outorgáronlles [[Númenor]] como a súa patria a comezos da [[Segunda Idade]], e máis adiante ergueron cidades fortificadas ao longo das costas occidentais da Terra Media, exercendo un dominio sobre os homes que habitaban esas zonas. Finalmente Númenor afundiu no mar e uns poucos dos Fieis (liderados por Elendil) deron escapado da destrución.
 
O espírito de [[Sauron]] fuxiu de Númenor cara á Terra Media, onde volveu amasar poderosos exércitos para se enfrontar aos novos reinos Dúnedain, Gondor e Arnor. Coa axuda de [[Gil-galad]] e mais os elfos, Sauron foi derrotado, e esvaeceuse no leste durante moitos séculos. Durante ese tempo Gondor e Arnor viviron un periodoperíodo de prosperidade.
 
A medida que Sauron foi recobrando a súa forma e reunindo forzas, chegaron do leste unha serie de pragas letais que adoitaban azoutar con máis forza o norte ca o sur, decimando a poboación de Arnor. Amais, o xefe dos nove [[Nazgûl|Espectros do Anel]], coñecido como o Rei Bruxo de Angmar, iniciou un asalto aos divididos reinos Dúnedain do norte desde unha fortaleza situada nas montañas ([[Carn Dûm]]). Ao cabo, deu destruído Arthedain, o derradeiro dos reinos setentrionais.
 
Após a caída de [[Arthedain]], unha parte dos Dúnedain do norte tornáronse nos [[Montesíos do Norte]], facendo o posíbel por manter a paz nas terras case que desertas dos seus devanceiros. A poboación Dúnedain de Arnor que sobreviviu retirouse ao ángulo cara ao sur de [[Valfendido]], e outros grupos máis reducidos estebeleceronestabeleceron asentamentos illados no estremo oeste de [[Eriador]].
 
Al longo dos séculos, os Dúnedain meridionais de Gondor mesturaron o seu sangue cada vez máis cos chamados Homes Medios, e a liñaxe só ficou pura nalgunhas rexións como [[Dol Amroth]]. A súa esperanza de vida acortouseacurtouse con cada xeración. Ao cabo, mesmo algúns reis de Gondor casaron con mulleres non pertencentes aos Dúnedain.
 
Na [[Cuarta Idade e posteriores|Cuarta Idade]], os Dúnedain de Gondor e Arnor reuníronse baixo a goberno do rei [[Aragorn|Aragorn II Elessar]] (tamén coñecido como ''o Dúnadan''). Este casou con [[Arwen]], filla de [[Elrond]] (que resultaba ser un curmán moi afastado) e reintroduciu o sangue élfico na liñaxe da súa familia.
Liña 45:
 
==Véxase tamén==
*[[Montesío (Terra Media)|Montesíos]].
*[[Montesíos do Norte]].
*[[Montesíos de Ithilien]].
 
{{DEFAULTSORT:Dunedain}}