Atlántida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: be:Атлантыда
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vls:Atlantis; cambios estética
Liña 4:
Orixinalmente mencionada polo filósofo [[grego]] [[Platón]] en dous dos seus diálogos (Timeo e Critias), cóntanos que [[Sólon]] no curso das súas viaxes por [[Exipto]] falando cun [[sacerdote]] que vivía en [[Sais]], no [[delta do Nilo]], fálalle dunhas tradicións ancestrais relacionadas cunha guerra perdida nos anais dos tempos entre os [[ateniense]]s e o pobo de Atlantis. Segundo o sacerdote, o pobo de atlantis (ou Atlántida) viviría nunha illa localizada para alén dos piares de [[Heracles]], onde o [[Mediterráneo]] terminaba e o [[Océano]] comezaba.
Segundo a [[mitoloxía grega]] a Atlántida formaba parte do reino de [[Poseidon]], Deus dos mares, e nas nas montañas do centro da illa vivía unha rapaza orfa de nome [[Clito]], da que Poseidon se apaixonou e para poder cohabitar con ela formou unha barreira constituída por unha serie de murallas de auga e fosos acuíferos arredor da vivenda da súa amada. Deste xeito viviron moitos anos e da súa relación naceron cinco pares de xémeos, ao máis vello o deus dos mares deulle o nome de [[Atlas]]. Despois de dividir a illa en dez áreas anelares, deulle a supremacía a Atlas, dedicándolle a montaña de onde Atlas espallaba o seu poder sobre o resto da illa. En cada un dos distritos (aneis terrestres ou cintos), reinaban as monarquías de cada un dos descendentes dos fillos de Clito e Poseidon, estes reunianse unha vez ao ano no centro da illa, onde se localizaba o palacio central e o templo a Poseidon que tiñan os muros cubertos de ouro. A reunión marcaba o inicio dun festival cerimonioso en que cada un dos monarcas tiña que cazar un touro, para beberen do seu sangue e comeren da súa carne entre críticas e loanzas.
Atlántida sería unha illa de extrema riqueza, quer vexetal e mineral, non só era a illa magnificamente prolífica en depósitos de ouro, prata, cobre, ferro, etc como aínda de orichac, un metal que brillaba como fogo.
Liña 20:
Na [[cultura pop]] do [[século XX]], moitas [[banda deseñada|bandas deseñadas]], [[filme]]s e [[debuxo animado|debuxos animados]] retratan a Atlántida como unha cidade asulagada, poboada por [[serea]]s ou outros tipos de [[humano]]s subacuáticos.
 
== Teorías ==
Hai diversas correntes de teóricos sobre onde se situaría Atlántida, e quen sería o seu pobo. A [[lenda]] que postula Atlántida, [[Lemuria]] e [[Mu (continente perdido)|Mu]] como [[continentes perdidos]], ocupados por diferentes [[raza]]s humanas, aínda atopa bastante aceptación popular, sobre todo no medio [[esoterismo|esotérico]]. (Non confundir cos antigos continentes que, de acordo coa teoría da [[placa tectónica|tectónica de placas]] existiron durante a historia da [[Terra]], como a [[Panxea]] e o [[Sahul]]).
 
Liña 27:
Algúns estudiosos dos escritos de Platón consideran que o continente de Atlántida sería na realidade a propia América, e o seu pobo culturalmente avanzado e cobertos de riquezas sería ou o pobo [[Chavín]], da [[Cordilleira dos Andes]], ou os [[Olmeca]]s da [[América Central]], cuxo uso de ouro e pedras preciosas é confirmado polos [[arqueoloxía|rexistros arqueolóxicos]]. Terremotos, comúns nestas rexións, poderían ter dado fin a estas culturas, ou polo menos poderían telas abalado de forma violenta por un período de tempo.
 
Para algúns arqueólogos e historiadores, Atlántida podería ser unha mitificación da cultura [[Minoico|Minoica]], que floreceu na illa de [[Creta]] ata o final do [[século XVI a.C.]]. Os antecesores dos gregos, os [[Micénico|micénicos]], tiveran, no inicio do seu desenvolvemento na [[Bálcáns|Península Balcánica]], contacto con esa civilización, culturalmente e tecnoloxicamente moi avanzada. Cos minoicos, os micénicos aprenderon [[arquitectura|arquitectura]], navegación e o cultivo de [[oliveira]]s, elementos vitais da cultura helénica posterior. No entanto, dous fortes terremotos e maremotos no [[Mar Exeo]] destruíron as cidades e os portos minoicos, e a civilización de Creta rapidamente desapareceu. É posible que as historias sobre este pobo teñan gañado proporcións míticas ao longo dos séculos, culminando co relato de Platon.
 
== Véxase tamén ==
* [[Namor]]
* [[Acaman]]
 
{{Continentes}}
 
[[Categoría:Mitoloxía]]
 
{{Link FA|de}}
 
{{Link FA|eo}}
 
[[Categoría:Mitoloxía]]
 
[[ar:أطلانطس]]
Liña 95 ⟶ 94:
[[uk:Атлантида]]
[[vi:Atlantis]]
[[vls:Atlantis]]
[[zh:亚特兰蒂斯]]