Diferenzas entre revisións de «Augardente»

m
Algunha achega sobre o bagazo
m (bot Engadido: eu:Pattar, sv:Aguardiente)
m (Algunha achega sobre o bagazo)
 
==A augardente en Galicia==
A augardente, tamén chamada co castelanismo ''caña'' en moitas partes de [[Galicia]] é un [[licor]] obtido da [[destilación]] dos restos da [[uva]] que quedan logo de elabora-lo viño, chamados [[bagazo]]. ÉPor uniso licoré transparentetamén coñecida, cunhaespecialmente gradaciónentre deos [[alcol]]produtores, superiorcomo aos''augardente 50de graos.bagazo'' ou ''bagaceira''.
 
A diferencia doutras partes da Península Ibérica, en Galicia retíranselle os talos das uvas ao bagazo para facer a augardente, o que lle dá unha suavidade especial.
 
É un licor transparente, cunha gradación de [[alcol]] superior aos 50 graos.
 
===Variedades===
En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional ([[novembro]]) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co [[alambique]] onde se preparaba a destilación.
 
Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha [[denominación de orixe]] que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina [[Orujo de Galicia]] (''orujo'' é como se chama en castelán o [[bagazo]]) e co máis propiamente galego [[Augardente de Galicia]].
 
En 2005, a denominación de orixe amparaba a 39 embotelladores cunha produción anual de 169.908 litros de augardente branca, 220 litros de augardente de herbas e 2.358 litros de licor de herbas, ademais de 1.715 litros de [[licor café]] <ref>''Anuario de Estatística Agraria 2005'', Consellería do Medio Rural.</ref>.
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.orujodegalicia.org Web do Consello Regulador da Denominación de Orixe ''Orujo de Galicia'' ou ''Augardente de Galicia'']
 
[[Categoría:Bebidas alcohólicas]]
770

edicións