Vocabulario Científico Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m iw
m Philip Babcock Gove
Liña 2:
O '''Vocabulario científico internacional''', '''VCI''', (ou ISV nas súas siglas en inglés, de ''International Scientific Vocabulary'') é un tipo de vocabulario que abarca as palabras científicas e especializadas utilizadas, nas chamadas ''linguas modernas'', por todos os científicos do mundo para entendérense entre eles.
 
O primeiro vocabulario científico internacional coñecido estableceuno [[Philip Babcock Gove]] dentro do ''Terceiro novo dicionario internacional'' de [[Webster]] (1961)<ref>McArthur, T. (ed.), ''The Oxford Companion to the English Language''. Oxford University Press, 1992. </ref>. Segundo o observado por [[David Crystal]]<ref>Crystal, D. ''The Cambridge Encyclopedia of the English Language''. Cambridge University Press, 1995. </ref>, a ciencia é un campo especialmente produtivo para as novas invencións.
 
Segundo o ''terceiro'' Webster, as "palabras do ISV (como, por exemplo, ''lipoid'') creáronse tomando unha palabra cun significado algo xeral e simple a partir dunha das linguas da antigüidade clásica, xeralmente o [[lingua grega|grego]] e o [[Lingua latina|latín]], pero conferíndolle un significado moi específico e complicado, adecuado para os propósitos do discurso científico moderno. Unha palabra do VCI é tipicamente un derivado ou un composto que "consegue só a súas materias primas dos idiomas da antigüidade". A súa [[morfoloxía]] pode variar segundo os diferentes idiomas modernos.