Vocabulario Científico Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O Vocabulario científico internacional, VCI, (ou ISV nas súas siglas en inglés, de ''International Scientific Vocabulary'') é un tipo de vocabulario que abarca as palabras cient..."
 
poño ligazóns internas e arranxiños
Liña 1:
O '''Vocabulario científico internacional''', '''VCI''', (ou ISV nas súas siglas en inglés, de ''International Scientific Vocabulary'') é un tipo de vocabulario que abarca as palabras científicas e especializadas utilizadas, nas chamadas ''linguas modernas'', por todos os científicos do mundo para entendérense entre eles.
 
O primeiro vocabulario científico internacional coñecido estableceuno [[Philip Gove]] dentro do ''Terceiro novo dicionario internacional'' de Webster (1961)<sup>[1]</sup>. Segundo o observado por Crystal<sup>[2]</sup>, a ciencia é un campo especialmente produtivo para as nuevasnovas invencións.
 
Segundo o ''terceiro'' Webster, as "palabras do ISV (como, por exemplo, ''lipoid'') creáronse tomando unha palabra cun significado algo xeral e simple a partir dunha das linguas da antigüidade clásica, xeralmente o [[lingua grega|grego]] e o [[Lingua latina|latín]], pero confiríndolle un significado moi específico e complicado, adecuado para os propósitos do discurso científico moderno. Unha palabra do VCI é tipicamente un derivado ou un composto que "consegue só a súas materias primas dos idimoas da antigüidade". A súa [[morfoloxía]] pode variar segundo os diferentes idiomas modernos.
 
A versión ''on line'' do ''Terceiro novo dicionario internacional'' de Webster (Merriam-Webster, 2002)<sup>[3]</sup> engade que o ISV "consiste nas palabras ou outras formas lingüísticas actuais en dous o máis idiomas", e que "se diferencia de latín moderno (''New Latin'') en que estes termos se adaptan á estrutura dos idiomas individuais nos que aparecen"<sup>[4]</sup>. É dicir, os termos do VCI constrúense a miúdo con formas gregas, latinas, o outras que se combinan, pero cada lingua escribe, e pronuncia, os neolexemas que resultan de acordo coas súas propias de su propias normas morfológicasmorfolóxicas. Con todo, non se debe esquecer a eiva, presente en moitos termos da botánica, segundo Font Quer<sup>[5]</sup>, das chamadas ''voces híbridas'', isto é, compostas por un primeiro elemento grego e o segundo latino, ou viceversa, e que, de ser posíbel, non se deben empregar. E moito menos se o primeiro elemento procede dunha lingua ''moderna'', que algún caso hai, por exemplo, no español científico. A homoxeneidade léxica exixe que todo termo composto estea formado por todos os seus compoñentes, dous ou máis, da mesma natureza lingüística.
 
McArthur<sup>[4]</sup> cualifica as palabras e os morfemas do ISV como ''translinguistics'', explicando que funcionan "en moitos idiomas que serven como medios para a educación, aaa cultura, a ciencia, e a tecnoloxía". Ademáis de en idiomas europeos, tales como o [[lingua inglesa|inglés]], o español[[lingua castelá|castelá]], o [[lingua rusa|ruso]], o [[sueco]], o [[portugués]] ou o [[galego]], os lexemas do VCI empréganse tamén en idiomas como o [[xaponés]], o [[malaio]], o filipino (''[[tagalog]]'') e outras linguas asiáticas. McArthur afirma que "no hai outro sistema de palabras e de morfemas[[morfema]]s tan internacional".
 
O VCI é un dos principais ''motores'' do desenvolvemento e a estandarización da ''Interlingua''. Os termos científicos e médicos en interlingua son en gran parte de orixe grecolatina, pero, como a maioría das palabras da interlingua, aparecen nunha ampla gama de idiomas. O vocabulario da interlingua establécese utilizando un grupo de idiomas de control seleccionado porque irradien palabras e absorben palabras dunha gran cantidad dotros idiomas. E, mediante a técnica do ''prototyping'' ou ''proto instances'', despois selecciónase un antepasado común máis recente de cada palabra elixíbel. Este procedemento serve para dar á interlingua o vocabulario o máis internacional posíbel<sup>[6]</sup>.