Wrangel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{| class="prettytable float-right" align=right style="width: 300px; font-size: 95%;" |- style="background-color: #aaa; font-size: 110%;" ! colspan="2" | Wrangel |- | colspan="2" | |-..."
 
Sen resumo de edición
Liña 47:
 
== Xeografía ==
A illa está cuberta, na súa parte central e meridional, por dous macizos montañosos erosionados, de orientación esteleste-oeste. O punto máis alto da illa, o monte Sovetskaïa (1.093 m), está situado ao sur da illa. As montañas do centro están percorridas por numerosos vales protexidos, que se benefician dunhas condicións meteorolóxicas comparativamente máis leves durante o breve verán ártico. A metade norte da illa consiste en grandes chairas baixas, salpicadas de numerosos lagos e ríos (5 deles con máis de 50 km de longo). As chairas de tundra menos extensa cobren a costa sueste. As costas son variadas, con altos cantiiscantís, lagoas costeiras, humidais e praias de area, rocasrochas ou guixarroscroios.
 
== Ecosistema ==
Liña 55:
O '''Sistema natural da Reserva da illa de Wrangel''', inscrito no [[Patrimonio da Humanidade]] da UNESCO en 2004, inclúe a illa de Wrangel, a [[illa Herald]], un illote rochoso situado a 60 km ao leste da illa de Wrangel, e unha zona marítima de 12 millas mariñas ao redor de cada illa, cun total da unidade 19.163 km².
 
A Reserva da illa de Wrangel é un ecosistema insular autónomo. É evidente que sufriu un longo proceso evolutivo sen interrupción pola glaciación que cubriu a maior parte do [[Ártico]] durante o [[Cuaternario]]. O número e tipo de plantas endémicas, a diversidade de comunidades vexetais, a rápida sucesión e os mosaicos de tipos de [[tundra]], a presenza de cabeiroscaveiras e cranios relativamente recentes de [[mamut]]s, a variedade de tipos de terreos e formacións xeolóxicas nun pequeno espazo xeográfico son todos testemuñas da rica historia natural de Wrangel e o seu lugar único na evolución do Ártico. Ademais, o proceso continúa como se pode observar, por exemplo, coas densidades excepcionalmente altas e os comportamentos particulares de poboacións de [[lemming]]s de Wrangel en comparación con outras poboacións no Ártico ou adaptacións físicas dos [[reno]]s de Wrangel, que agora poderían ser parte dunha poboación distinta da do continente. As estratexias de interacción entre especies están moi desenvolvidas e son visibles en toda a illa, especialmente preto dos niños [[Nyctea scandiaca|bufos nivales]], que actúan como protectorado doutras especies e balizas para as especies migratorias, ao redor dos tobos de raposos.
 
A Reserva da illa de Wrangel ten o máis alto nivel de biodiversidade no alto Ártico. A illa é unha zona de anidaciónaniñación para a única poboación asiática de [[Anser caerulescens|ganso nival]], que aos poucos está recuperándose duns niveis sumamente baixos. O medio mariño é un sitio de alimentación cada vez máis importante para a [[balea gris]], que migra desde México (algunhas procedentes doutro lugar Patrimonio Mundial, o santuario de baleas de Vizcaíno, en México). As illas son o fogar das maiores colonias de aves mariñas do [[mar de Chukchi]] e son os sitios de aniñación máis setentrionais de máis de 100 especies de aves migratorias, incluíndo varias en perigo como o [[falcón peregrino]]. Eles teñen importantes poboacións de especies de paxaros residentes na tundra, mesturadas con especies migratorias do Ártico e outros lugares, e teñen a maior densidade de goridas ancestrais do [[oso polar]]. A illa de Wrangel conta coa maior poboación de [[morsa]]s do Pacífico, con preto de 100.000 exemplares que se congregan en calquera tempo, nunha das grandes colonias costeiras da illa. Dado que a illa de Wrangel ten unha alta diversidade de hábitats e climas e que as condicións varían considerablemente dun lugar a outro, practicamente nunca houbo unha desaparición total da reprodución dunha especie, o que dado o tamaño relativamente pequeno da rexión é extremadamente inusual no alto Ártico.
 
== Clima ==
Liña 71:
== Historia ==
[[Ficheiro:Wrangelisland.jpg|thumb|right|250px|Fotografa en cor verdadeira [[MODIS]] de illa Wrangel (2001)]]
A principios de 1820, o explorador ruso Ferdinand von Wrangel intentou en balde atopar a illa. Foi descuberta en 1867 polo baleeiro americano Thomas Long, que a nomeou en honra de Wrangel. Unha expedición rusa foi enviado á illa en 1911, e a illa foi reclamadoreclamada por Rusia en 1916. O explorador canadense de orixe islandés [[Vilhjalmur Stefansson]] enviou un equipo de colonos á illa en 1921, coa intención de reclamar a illa para Canadá, pero salvo unha dos membros, todos os integrantes do equipo pereceron. En 1924, un buque soviético expulsou pola forza a unha pequena colonia de [[Inuit]] establecidos alí polos EE.UU. en 1923. En 1926, a URSS estableceu unha colonia permanente na illa, onde hoxe en día hai unha estación comercial e meteorolóxica (Ouchakovskoïe).
 
=== Prehistoria ===
Liña 84:
En 1849, [[Henry Kellett]], capitán do ''HMS Herald'', puxo pé e nomeou a illa de Herald, e dixo ver outra illa ao oeste; posteriormente, foi indicada nas cartas do Almirantado británico como «Terra de Kellett».
 
En agosto de 1867, Thomas Long, un capitán baleeiro americano, «achegouse a ela a unhas quince millas. chamei a esta terra do norte Terra Wrangell [sic]... como un tributo apropiado á memoria dun home que pasou tres anos consecutivos ao norte do paralelo 68°, e demostrou a cuestión deste [[mar polar aberto]] faihai corenta e cinco anos, aínda que outros, moito máis tarde trataron de reclamar o mérito dese descubrimento».
 
[[George W. DeLong]], comandante do ''USS Jeanette'', conduciu unha expedición en 1879 tratando de chegar ao [[Polo Norte]], esperando ir polo «lado oriental da terra Kellett», que ao seu xuízo estendíase moito no Ártico. O seu barco quedoquedou atrapado na [[banquisa]] (no xeo movible) e seguiu á deriva cara ao leste, á vista de Wrangel, antes de ser esmagado e afundido. Os primeiros que puxeron pé na illa de Wrangel, o 12 de agosto de 1881, foron os membros dunha partida do ''USRC Thomas Corwin'', que reclamaron a illa para os Estados Unidos.
 
A expedición, baixo o mando de [[Calvin L. Hooper]], foi á procura da ''Jeannette'' e de dous baleeiros desaparecidos, ademais de realizar unha campaña de recoñecemento xeral. Incluía ao naturalista [[John Muir]], que publicou a primeira descrición da illa de Wrangel.
Liña 94:
 
=== Sobreviventes da Expedición Stefansson ===
En 1914, os sobreviventes da mal equipada '''Expedición Ártica canadense''', organizada por [[Vilhjalmur Stefansson]], foron abandonados alí durante nove meses despois de que o seu buque, o ''[[Karluk]]'', fórafose esmagado nos xeos. Os sobreviventes foron rescatados polo pesqueiro motorizado ''King & Winge'', despois de que o capitán [[Robert Bartlett]] cruzase a pé o mar de Chukchi ata Siberia para pedir axuda.
 
=== O fracaso da segunda Expedición de Stefansson (1921) ===
 
En 1921 a illa de Wrangel converteríase no escenario dunha das traxedias da historia ártica cando Stefansson enviou cinco colonos (un canadense, tres estadounidenses, e un [[inuit]]) nun intento especulativo para reclamar a soberanía da illa para [[Canadá]]. Os exploradores foron seleccionados por Stefansson sobre a base da súa anterior experiencia e credenciais académicas. Steffanson considerou que tiñan coñecementos avanzados en xeografía e ciencia suficientes para esta expedición. O primeiro grupo estaba integrado polo canadense Allan Crawford, e os norteamericanos Fred Maurer, Lorne Knight e Milton Galle. En 1923, o único sobrevivente desta expedición, a muller inuit [[Ada Blackjack]], foi rescatada por un barco que deixou outro grupo de 13 (o americano Charles Wells e outros 12 inuits). En 1924, a [[Unión Soviética]] desloxoudesaloxou aos membros deste asentamento e estableceu o asentamento que sobrevive ata o día de hoxe na illa.
 
=== Dominio soviético ===
Liña 105:
En 1926, un equipo de exploradores soviéticos, equipado con tres anos de subministracións, desembarcou na illa de Wrangel. As augas estaban libres de xeo, o que facilitou a súa chegada en 1926, pero os seguintes anos a illa permaneceu bloqueada. Os intentos de chegar á illa por mar foron infrutuosos e temíase que o equipo non sobreviviría ao seu cuarto inverno.
 
En 1929, o rompexeos ''Fyodor Litke'' foi elixido para unha operación de rescate. Navegou a partir de [[Sebastopol]] co capitán [[Konstantin Dublitsky]] ao mando, chegando a [[Vladivostok]] o 4 de xullo de 1929; aí todos os mariñeiros do [[mar Negro]] foron relevados e substituídos por persoal local. Dez días máis tarde, o ''Fyodor Litke'' navegou cara ao Norte, pasando sen complicacións o [[estreito de Bering]], pondo rumbo cara ao [[estreito de Long]] para intentar achegarse á illa desde o sur. O 8 de agosto un voo de reconociminetorecoñecemento informou de que o xeo no estreito era infranqueable, e o ''Fyodor Litke'' dirixiuse ao norte, en dirección aá [[illa Herald]]. Non puido escapar ao xeo: o 12 de agosto o capitán apagou os motores para aforrar carbón e tivo que esperar dúas semanas ata que o xeo aliviou a presión. Facendo uns poucos centos de metros ao día, o ''Fyodor Litke'' alcanzou o asentamento o 28 de agosto. O 5 de setembro emprenderon o regreso con todos os exploradores a salvo. Esta operación lle supusósupúxolle ao ''Fyodor Litke'' a [[orde da Bandeira Vermella do Traballo]] (20 de xaneiro de 1930), así como placas conmemorativas para a tripulación.
 
Na década de 1930, a illa de Wrangel converteuse no escenario dunha estraña historia, cando caeu baixo a cada vez máis arbitraria autoridade de Konstantin Semenchuk, designado o seu gobernador, que controlaba a poboación local e o seu propio persoal, por medio da extorsión e o asasinato. Prohibiu aos nativos cazar [[morsa]]s, o que os puxo en perigo de inanición. Posteriormente, foi implicado na misteriosa morte dalgúns dos seus opositores, incluído o médico local. O posterior xuízo en [[Moscova]] en xuño de 1936 condenou á morte Semenchuk acusado de "bandidaxe" e da violación da lei soviética.
Liña 111:
Durante e logo da [[II Guerra Mundial]] moitos prisioneiros de guerra alemáns da SS Schutzstaffel e membros do Exército Ruso de Liberación de [[Andrey Vlasov]] foron encarcerados e morreron na illa de Wrangel. Un preso que máis tarde emigrou a Israel, Efim Moshinsky, afirma ver a [[Raoul Wallenberg]] alí en 1962.
 
Segundo algúns norteamericanos, oito illas árticas actualmente controladas por Rusia, incluída a illa de Wrangel, son reclamadas polos Estados Unidos. Con todo, segundo o [[Departamento de Estado dos Estados Unidos]].a devandita reclamación non existe.
 
== Ligazóns externas ==
{{Commonscat|Wrangel Island}}
* [http://whc.unesco.org/pg.cfm?cid=31ide_site=1023l=en UNESCO] EnlaceLigazón á páxina da illa de Wrangel Patrimonio da Humanidade.
* [http://www.worldwildlife.org/beringsea_erbc/4_Wrangel_Island_book.pdf Biodiversité de l'île Wrangel].
* [http://www.jenniferniven.com/?act=books The Ice Master] Traballos de non ficción de Jennifer Niven na illa Wrangel.
* [http://www.adventureassociates.com/arctic/index.html Adventure Associates] Viaxe en rompexeos á illa Wrangel.
* [http://www.eglinpix.com/wrangel.htm Run For Wrangel] TourismoTurismo.
* [http://monolith.com.au/wrangel/ Isolation, Desolation and Tragedy] Perspectiva histórica por Roderick Eime.
* [http://packrat.aml.arizona.edu/Journal/v37n1/vartanyan.html Radiocarbon Dating Evidence for Mammoths on Wrangel Island].