Diferenzas entre revisións de «Negación»

sen resumo de edición
(Category:Lingüística)
 
Sem resumo de edição
 
*[[morfema|Marcas morfolóxicas]]: en moitas linguas a negación pode realizarse mediante marcas morfolóxicas consistentes en prefixos privativos ('''a'''normal, '''in'''usual, '''des'''agradable). A negación morfolóxica determina unha operación, dende o punto de vista lóxico-semántico, pola que se fixan os [[Antonimia|opostos]] e [[Antonimia|complementarios]]. A isto ténselle chamado predicación negativa dado que non é unha verdadeira negación: ''desaproveitar'' non é a negación de ''aproveitar'', senón unha outra cousa distinta que actúa como complementaria.
*[[LexemasLexema|Elementos léxicos]]: a negación desenvólvese tamén nas linguas por medio de opostos léxicos que non teñen entre si ningunha relación morfolóxica (''bo-malo, san-enfermo''). A [[lexicalización]] da oposición acentúa a distancia entre os dous polos: ''bo'' e ''malo'' poden considerarse como os dous límites dunha oposición que permite unha gradación. Non estamos ante unha negación verdadeira, senón ante unha polarización [[Antonimia|complementaria]]: O contrario de ''san'' é ‘''non-san''’ e non ''enfermo''.
*[[Sintaxe|Estructuras sintácticas]]: desde o punto de vista sintáctico, a negación é unha das modalidades básicas en que pode presentarse un [[enunciado]] e pode presentar dúas formas: unha absoluta e outra parcial:
**[[Negación total]]: Realízase colocando ''non'' entre o [[suxeito]] e o [[verbo]] se na secuencia non aparecen pronomes [[clítico]]s antepostos: ''A cerimonia non se celebrou''.
40.243

edicións