Wicca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
[[ficheiro:Triple-Goddess-Waxing-Full-Waning-Symbol.svg|thumb|200px|Icona da Deusa Tripla]]Para moitos practicantes desta relixión xira entorno aos deuses, O Deus Pai e A Deusa Nai, que encarnan as forzas da natureza e corresponden á mitoloxía asociada aos cultos da fertilidade. O Deus e A Deusa son observados coma polaridades complementarias co seu balance expresa a mesma polaridade masculino-feminina que pode verse na natureza. Nalgunhas ocasións son simbolizados co Sol e a Lúa; por estas asociacións lunares, a Deusa é concebida nun aspecto de Trinidade coma «Moza», «Nai» e «Anterga». Para moitos wiccanos, a Deusa ten un papel preeminente ó ser a que todo o concibe. O Deus Hastado é a chispa da Vida dentro de Ela, ó tempo que é amante e fillo da Deusa. Morre e renace en cada ciclo anual, coma representación das colleitas. A Señora da Vida, mantén un ciclo mensual relacionado coas [[Fase lunar|fases da lúa]].
 
[[ficheiro:Horned-God-Symbol.svg|thumb|150px|left|Icona do Deus Hastado]]
Segundo Gardner, as divinidades veneradas na wicca son antigos deuses indíxenas das Illas Británicas: un [[Deus Hastado]] da caza, a muerte e a maxia, que goberna no Outro Mundo; e unha [[Gran Deusa Nai]], que otorga a vida e a rexeneración despois dela. Do mesmo modo, aconsella que os bruxos que non sexan británicos busquen as conexións cos deuses aboríxes do seu territorio. Nas ramas tradicionais, os nomes exactos dos deuses seguen a ser parte do segreto iniciático e non foron publicados en ningún libro. Nestos anos, suxeríronse algúns nomes públicos xenéricos, como [[Cernunnos]] e [[Aradia]].