Abrir o menú principal

Cambios

m
bot Modificado: ru:Кавур, Камилло Бензо; cambios estética
'''Camillo Benso''', '''conde de Cavour''' ([[Turín]], [[10 de agosto]] de [[1810]] - [[6 de xuño]] de [[1861]]), foi un político e estadista da [[Italia]] anterior á [[Unificación de Italia|unificación]].
 
== Biografía ==
Fillo do marqués Michel Benso de Cavour e de Adèle de Sellon, dama de orixe [[suíza]]. [[Piemonte|Piemontés]] aristocrático de ideas liberais, durante a súa mocidade estudou na Academia Militar, chegando a ser oficial de Enxeñeiros. Pouco apegado á vida militar, deixou o exército e dedicouse a viaxar ao estranxeiro estudando o desenvolvemento económico dos países máis industrializados como [[Francia]] e [[Inglaterra]], documentándose en tódalas innovacións relacionadas con calquera campo. Aos 22 anos foi nomeado alcalde de Grinzane, localidade na que a súa familia tiña terras. A localidade mudou de nome e pasou a chamarse [[Grinzane Cavour]] como agradecemento a Camillo Benso, que foi o seu alcalde durante 17 anos.
 
=== Os seus comezos en política ===
En [[1847]] fixo a súa aparición na escena política como fundador, xunto a [[Cesar Balbo]] dun xornal [[Liberalismo|liberal]] moderado, o ''Risorgimento''. Foi elixido deputado ao Parlamento en xuño de [[1848]]. Perdeu o seu escano nas eleccións de xaneiro de [[1849]], pero o recuperou en marzo do mesmo ano, e non o deixaría ata a súa morte.
 
En [[1850]], tras un apaixonado discurso a favor das [[leis Siccardi]] pasou a formar parte do goberno de [[Massimo d'Azeglio]], como ministro de Agricultura, Comercio e Mariña; en [[1851]] completa o seu control da vida económica do País coa asunción das competencias da carteira de Finanzas. En [[1852]] preparou con [[Cristián Rattazzi]], principal expoñente da esquerda liberal, unha coalición que o levou en novembro do mesmo ano á Presidencia do Consello de Ministros.
 
=== Reformas económicas ===
Unha vez acadado este cargo, o conde de Cavour consagrouse ao fortalecemento económico e industrial do [[Reino de Sardeña]], favorecendo a construción de ferrocarrís, estradas e iniciando a construción do túnel do [[Frejus]]. Revitalizou a agricultura coa introdución de novos cultivos, a realización de obras de mellora e a construción de canles de rega. Favoreceu a creación dunha industria [[siderurxia|siderúrxica]] e o fornecemento da [[industria téxtil|téxtil]]. Reformou o exército a través do seu colaborador, o xeneral [[Afonso La Marmora|La Marmora]], e ordenou a construción dun arsenal marítimo en [[La Spezia]].
 
=== Política interna ===
En política interna foi o artífice da orde monárquica constitucional, tódalas súas reformas estaban ditadas polo seu desexo de impedir calquera tipo de insurrección democrática ou republicana. Partidario acérrimo da afirmación de [[Charles de Montalembert]], «''Igrexa libre en Estado libre''», preocupouse de redimensionar o poder da Igrexa, e promoveu a construción de fogares para a infancia, e mantivo unha loita tenaz contra os [[Compañía de Xesús|xesuítas]], que tiñan o monopolio nas tarefas educativas.
 
Conseguiu que se aprobase unha lei que suprimía as ordes monásticas contemplativas e que abolía os privilexios da ''manomorta'' e do foro eclesiástico. Esta lei provocou un grande escándalo e tropezou coa oposición do rei, quen forzou a dimisión de Cavour, na chamada crise Calabiana ([[26 de abril]] de [[1855]]). Tras uns días, con todo, o rei tivo que volver chamar a Cavour para o mesmo posto, pero o proxecto de lei tivo que ser abandonado en parte.
 
=== Política exterior e unificación de Italia ===
[[Ficheiro:Francesco Hayez 041.jpg|thumb|left|Retrato de Cavour, obra de [[Francesco Hayez]]]]
 
No transcurso do tempo dous barcos da mariña italiana levaron o nome de Cavour, en [[1915]] un barco de guerra, e en [[2004]] un [[portaavións]].
 
== Véxase tamén ==
* [[Pai da nación]].
 
[[Categoría:Presidentes do Consello de Ministros de Italia]]
[[pt:Conde de Cavour]]
[[ro:Camillo Benso Conte de Cavour]]
[[ru:БензоКавур, Камилло, граф ди КавурБензо]]
[[sc:Camillo Benso, conte di Cavour]]
[[scn:Camillu Bensu Cunti di Cavour]]
75.977

edicións