Divinas palabras (obra de teatro): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ datos desde o libro mencionado na bibliografía
Liña 1:
{{enuso}}
 
'''''Divinas palabras''''' é unha obra teatral de [[Ramón María del Valle-Inclán]], escrita en [[lingua castelá]]. eApareceu publicada por entregas na revista madrileña ''[[La Pluma]]'' entre xuño e xullo de [[1919]], e apareceu completa en 1920 como volume XVII da súa ''Opera Omnia''. Xunto con ''[[Comedia bárbaras]]'' forma o ciclo mítico da obra dramática do autor, aínda que contén rasgos de [[esperpento]], considerándose precedente de ''[[Luces de bohemia]]'' (publicada tamén en 1920).
 
==Argumento==
Liña 9:
 
==Personaxes==
*''Juana la Reina'', e mailo seu fillo Laureaniño.
*Pedro Gailo (irmán de Juana, sancristán), Mari-Gaila (a súa muller) e Simoniña (filla dos dous).
*Lucero (''Séptimo Miau'') e ''Poca Pena'' (a súa manceba).
*Rosa ''la Tatula (vella mendiga).
 
==Estrutura==
===Tempo===
A acción ten lugar en [[verán]], a comezos do [[século XX]].
 
A primeira xornada abarca un día enteiro, desde a mañá (escenas 1 a 3), tarde (4) e noite (5). A xornada segunda ten lugar varias semanas despois, en [[agosto]], e abarca desde a alba (escena 1), mediodía (2), sesta (3), solpor (4), noite (escenas 5 a 9) e a mañá do día seguinte (10). A terceira xornada cubre o día seguinte á segunda, comezando cediño de mañá (escena 1), algunhas horas despois (2 e 3), a tardiña (4) e o solpor (5).
 
===Espazo===
A acción está ambientada na Galiza rural, preto da costa da [[ría de Arousa]] (menciónanse os topónimos Gondar, Bretal, Padrón, Valga...). Amais do adro da igrexa de San Clemente, onde viven os Gailo, a acción ten lugar nos camiños e veredas, no lugar de Condes e en Viana del Prior. A única escena interior é ao inicio, na casa dos Gailo.
 
==Linguaxe==
Aínda que escrita en castelán, a obra inclúe numerosos [[Galeguismo (lingüística)|galeguismos]] (cativo, cocho, escuro, foliada...) e [[vulgarismo]]s (''miray'', ''cualisquiera'', ''adeprender''...). Valle-Inclán inclúe nesta obra algún [[neoloxismo]] (''flácil'')
==Referencias e personaxes reais==
 
==Repercusión==
Foi representada por vez primeira o [[16 de novembro]] de [[1933]] no Teatro Español de Madrid, pola compañía da actriz [[Margarita Xirgu]] e con arranxos de [[Cipriano Rivas Cherif]]. Posteriormente foi representada noutros países e traducida a diversos idiomas.
 
En [[1987]] foi levada ao cine co título de '''''[[Divinas palabras (película)|Divinas palabras]]''''', dirixida por [[José Luis García Sánchez]].