Anel Único: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Кольцо Всевластья; cambios estética
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 8:
O Anel Único foi creado polo Señor Escuro [[Sauron]] durante a [[Segunda Idade]] para facerse co dominio dos [[pobos da Terra Media|pobos libres da Terra Media]]. Baixo o disfrace de ''Annatar'', ou "Señor dos Dons", axudou os ferreiros élficos de [[Eregion]] e o seu líder [[Celebrimbor]] a crear os [[Aneis de Poder]]. Despois el mesmo forxou o Anel Único nos lumes do [[Orodruin|Monte do Destino]]. A súa intención era que fose o máis poderoso de todos os Aneis, capaz de gobernar e controlar os outros (sempre que os seus donos os levasen postos). Dado que os outros Aneis eran inmensamente poderosos, Sauron viuse na obriga de insuflar nel a maior parte do seu [[poder]], forza vital e [[vontade]] innatos para atinxir o seu propósito. Como efecto secundario disto, mentres o Anel existise sería imposíbel expulsar ao seu creador do plano dos mortais. O risco para Sauron era que se perdese o Anel, tamén el perdería una considerábel cantidade do seu poder, e se for destruído, quizais mesmo a súa vida.
 
O Anel semellaba estar feito de simple ouro, mais debido ao inmenso poder contido nel, era inmune a calquera dano. O único xeito de destruílo era arrebolándoo ao foxo do [[volcán]] [[Orodruin]], onde fora forxado en orixe. Ao igual que os aneis menores forxados polos [[Elfo]]s a xeito de "ensaios para o perfeccionamento da arte" (e á diferenza dos demais Aneis de Poder), non levaba ningunha [[xema]] incrustada, mais podía ser identificado cunha simple (aínda que pouco coñecida) proba: ao se quentar, amosaba unha ardente inscrición [[Tengwar]] na [[Lingua Negra]] de [[Mordor]]. As liñas acabaron incluidasincluídas nunha rima popular que describía os Aneis, mais resultaba evidente que eran parte do feitizo usado para infundir o poder no Anel UnicoÚnico, posto que os elfos ouviron a Sauron pronunciar esas mesmas palabras durante a creación do Anel; este foi o motivo polo cal quitaron os seus propios aneis e frustraron o seu plan.
 
Cando unha persoa puña o Anel, era parcialmente transportada desde a esfera física á esfera espiritual. Alí, se era quen de someter de maneira consciente a vontade do Anel coa súa propia, podería controlar os poderes que tiña Sauron antes de perder o artefacto, especialmente o de gobernar e escravizar as vontades alleas. Un dos efectos secundarios do Anel (e normalmente o primeiro en ser percibido) era o feito de facer que aquel que o levaba posto resultase invisíbel para os seres físicos, como os [[Home]]s viventes, mais moi visíbel para os seres espirituais, como os [[Nazgûl]]; alén diso, anubraba a súa vista e agudizaba o seu ouvido. Este "mundo espiritual" era onde os Nazgûl estaban condenados a vivir permanentemente, mais tamén era o mundo no que os [[Calaquendi]] (Elfos da Luz) posuían un grande poder: é por isto que [[Glorfindel]] foi capaz de escorrentar o [[Rei Bruxo de Angmar|Rei Bruxo]] na [[Batalla de Fornost]] e de novo máis adiante no [[vao]] de [[Bruinen]] en [[Valfendido]].
Liña 66:
Gollum, pola súa banda, abandonaría despois as Montañas Bretemosas para rastrexar e recuperar o Anel. Vagou durante décadas até que foi capturado e interrogado polo propio Sauron, a quen revelou a existencia de Bilbo e da [[a Comarca|Comarca]].
 
En 3001 da [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]], seguindo o consello de Gandalf, Bilbo entregou o Anel ao seu sobriño e herdeiro adoptivo [[Frodo Bulseiro|Frodo]]. Este primerprimeiro sacrificio voluntario do Anel desencadea os acontecementos que en última instancia levarán á súa destrución, e constitúe un exemplo da frecuente interrelación entre casualidade e destino, tema omnipresente n' ''O Señor dos Aneis''.
 
Para entón, Sauron xa comezara a recuperar o seu poder, e a [[Barad-dûr|Torre Escura]] de Mordor estaba reconstruída. Para evitar que Sauron recobrase o seu Anel, Frodo e outros oito [[Irmandade do Anel|compañeiros]] partiron de [[Valfendido]] cara a Mordor, nunha tentativa de destruír o Anel nos lumes do [[Orodruin|Monte do Destino]]. Durante a misión, Frodo foi sucumbindo ao poder do Anel, e temeu que o acabase corromoendocorrompendo. Cando el e máis Sam descubriron que Gollum estaba a seguilos e o "domaron" para que os guiase a Mordor, comezou a experimentar un estraño vencello coa malpocada e traizoeira criatura, pois vía nela unha imaxe futura de si mesmo á que tiña de salvar para se salvar a si mesmo. Con todo, Gollum cedeu á tentación do Anel, e traizoounos ante a araña [[Elaraña]]. Crendo a Frodo morto, Sam levou o Anel durante un curto periodoperíodo, e experimentou a tentación que este provocaba, mais nunca cedeu a ela.
 
Sam rescatou a Frodo dun grupo de orcos na Torre de [[Cirith Ungol]] e devolveulle o Anel, mais temendo que o dano que lle estaba a inflixir era grave de máis; e ao cabo, foino: aínda que Frodo e Sam, seguidos por Gollum, acabaron chegando ao Monte do Destino, Frodo sucumbira á súa corruptora natureza e reclamou o Anel para si no canto de destruílo. Porén, Gollum atacouno e arrincoulle dunha dentada o dedo que levaba o Anel, antes de caer aos lumes do Monte do Destino, onde o Anel foi finalmente destruído.
 
== Véxase tamén ==
* [[Aneis de Poder]].
* [[Orodruin|Monte do Destino]].
* [[O Señor dos Aneis]].
 
[[Categoría:Artefactos de Arda]]