[[Ficheiro:Cirrus over Warsaw, June 26, 2005.jpg|thumb|Cirros]]
Os '''Cirrus''' ou '''Cirros''' son un xénero de nubes[[nube]]s que, segundo a definición adoptada pola [[Organización Meteorolóxica Mundial]], caracterízanse por se presentaren ailladas, a xeito de filamentos brancos e delicados, ou de bancos ou bandas estreitas, brancas ou case brancas. Teñen unha apariencia fibrosa, semellante aos cabelos dunha persoa, ou dun brilo [[seda|sedoso]] ou das dúas características a un tempo.