Queimada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Queimada
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: de:Queimada; cambios estética
Liña 12:
</ref><ref name="Abalo1">[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml] «O café na queimada é unha copia dos cataláns»</ref> asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un [[conxuro]] para protexer contra meigallos e para escorrentar aos [[espírito]]s e demais seres malvados de quen a bebe.
 
== Tradición ==
O ritual da preparación está dirixido a afastar os malos espíritos e as meigas que, segundo a tradición, asexan os homes e mulleres para tentar maldicilos, ben sexa por diversión, por vinganza ou por calquera outro motivo. Calquera ocasión é boa para realizar unha queimada: unha festa, reunións familiares ou de amigos. Tras a cea, na escuridade da noite (que é un dos mellores momentos para realizala), os comensais reúnense arredor do [[pote]] no que se elabora, preferibelmente coas luces apagadas, para animar os corazóns e estreitar os lazos de amizade. Un deles encárgase de darlle o toque final erguendo cun cazo o líquido en chamas e deixándoo caer pouco a pouco no recipiente mentres pronuncia o conxuro, o que crea un ambiente moi especial.
 
Liña 24:
O conxuro ou ''"esconxuro"'' tradicional da queimada foi inventado en [[Vigo]] en [[1967]]<ref name="correo">[http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/cita-estival-38-seminaristas/idEdicion-2009-08-06/idNoticia-455432/] A cita estival de 38 seminaristas</ref> por [[Mariano Marcos Abalo]] para unha festa de xogos florais das moitas que entón tiñan lugar nun barco comisado amarrado no porto da cidade.<ref name="Abalo2">[http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2008/10/19/0003_7237455.htm] «Sábese que o conxuro é meu, e iso bástame»</ref> En [[1974]] o seu creador engadiulle as referencias a [[Satán]] e [[Belcebú]] e comezou a representalo na discoteca Fausto d[[Vigo|a Cidade Olívica]].<ref name="Abalo2" /> Por esa mesma época, unha imprenta viguesa comezou a vender copias do esconxuro,<ref name="Abalo2" /> inicialmente sen a súa autorización e logo pagando unha peseta por exemplar vendido,<ref name="Abalo2" /> o éxito fixo que outras empresas comezasen a vender copias pola súa conta, sen ningunha autorización e sen citar o seu nome, o que pode contribuír á crenza de que o esconxuro era dun autor anónimo. No [[2001]], [[Mariano Marcos Abalo]] decidiu rexistrar a propiedade intelectual do esconxuro.<ref name="Abalo1" />
 
== Ingredientes ==
Os seus ingredientes principais son a [[augardente]] e o [[azucre]] ós que xeralmente se lles bota tamén casca de [[limón]] ou [[laranxa]], uns poucos grans de [[café]] sen moer. Á mestura pódenselle engadir cachos de [[mazá]], [[uva]]s ou algún outro ingrediente, os cales se engaden de forma independente segundo a tradición da zona.
 
== Preparación ==
Nun pote de barro cocido (hainos especiais para a queimada) bótanse a augardente e o azucre na proporción duns 120 gramos deste por litro daquela, os demais ingredientes e reméxese todo.
 
Liña 34:
A queimada sérvese quente, incluíndo todos os ingredientes.
 
== Conxuro ou esconxuro ==
[[Ficheiro:Queimada_Conjuro.jpg|thumb|right|250px|Recitando o conxuro.]]
O conxuro da queimada foi escrito por [[Mariano Marcos Abalo]] en 1967 e revisado en 1974<ref>{{Cita Web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego|título=«O café na queimada é unha copia dos cataláns»|dataacceso=21-05-2008|autor=R. Queimaliños|data=09-08-2005|work= |editor=La Voz de Galicia}}</ref>.
Liña 85:
</poem>
 
== Galería de imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes sobre a queimada}}
<gallery>
Liña 94:
</gallery>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Queimada}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/temadia_arquivo.php?id=10793 A alumear a queimada, en culturagalega.org]
 
[[Categoría:Bebidas alcohólicas]]
Liña 107:
[[an:Queimada]]
[[ca:Queimada]]
[[de:Queimada]]
[[en:Queimada (drink)]]
[[es:Queimada]]