Gastronomía de Italia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Novo artigo, traducido e adaptado de "cuisine italienne" na wiki francesa, polos alumnos de 4º do IES Lamas de Castelo
 
Engadimos foto da wiki francesa, escollida polos alumnos de 1ºB do IES Lamas de Castelo.
Liña 1:
A gastronomía italiana é unha das principais gastronomías mundiais. A cociña italiana caracterízase pola variedade de produtos utilizados así como por unha gran diversidade rexional. Terra gastronómica por excelencia, [[Italia]] é o berce da cociña europea e [[Cociña mediterránea|mediterránea]].
[[Image:Italian Delicacies.jpg|thumb|300px|right|<center>|Delicias da gastronomía italiana]]
==A cociña cotiá==
A cociña é un elemento importante na maneira de vivir dos italianos, que reflicte sobre todo a cultura rural, pero aínda máis a familiar, ou incluso a materna. Os italianos teñen unha visión íntima e concreta, da súa cociña. Non é tan importante a complexidade ou a virtuosidade dunha "alta cociña" como a calidade e precisión ou o bo facer diarios. Un plato debe ser como é, respectando as tradicións.