Ratisbona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: frr:Regensbörj
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Ratisbona''' (en [[alemán]]: ''Regensburg'', en [[bávaro]] Rengschburg) é unha cidade [[Alemaña|alemá]], situada no [[Länder alemáns|Land]] de [[Baviera]]. A cidade está na confluencia entre os ríos [[Danubio]] e [[Regen]] e é a capital tanto do distrito do [[Alto Palatinado]] (Oberpfalz en alemán) como do Landkreis de Regensburg.
 
A cidade, con 143.400 habitantes (dec. 2006) é, despois de [[Múnic]], Nuremberg e [[Augsburgo|Augsbourg]], a cuarta maior cidade de [[Baviera]]. Desde o 13 de xullo de 2006, a cidade vella de Ratisbona forma parte da [[Patrimonio mundial da UNESCO]]. É sede dun [[bispado]] [[católico]]. Ratisbona está situada a 88 km de [[Nuremberg]] e a 103 km de [[Múnic]].
 
== Clima ==
Ratisbona ten un [[clima continental]].
Os meses máis cálidos son xuño e agosto con medias de temperaturas que oscilan de 16,2 °C a 18 °C. Os meses máis fríos corresponden a decembro e febreiro con -0,9 °C e -2,7 °C como medias respectivas.
Aos meses de xuño e agosto corresponden as precipitacións máis baixas con 74 e 93 mm; marzo e novembro son os meses máis chuvosos, con 33 e 39 mm.