Yves Congar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
acreedor -> acredor según Volga
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Discípulo do filósofo do [[personalismo]], [[Jacques Maritain]]. Entrou na [[Orde Dominicana]] en 1925. Na [[segunda guerra mundial]] foi feito prisioneiro durante cinco anos nun [[campo de concentración]] nazi. As súas ideas contrarias ao [[nacionalsocialismo]] fixérono acreedoracredor dunha especial dureza no trato.
 
Profesor en [[La Saulchoir]], o seu libro ''Verdadeira e falsa reforma de Igrexa '' foi obxecto de duras censuras. O seu apoio aos curas obreiros e a súa solidariedade coa causa da xustiza social non fixo máis que complicar a súa situación. Durante 10 anos é afastado do ensino, sancionado, marxinado de toda actividade pública e ten que exiliarse a [[Xerusalén]]. Sorpresivamente, [[Xoán XXIII]] encomendaralle traballar nos máis importantes documentos do [[Concilio Vaticano II]], xunto con outros teólogos como [[Hans Küng]], [[Bernhard Häring]], [[Karl Rahner]], ou os propios [[Joseph Ratzinger]] e [[Henri de Lubac]], daquela considerados aperturistas. Fundou a colección de [[eclesioloxía]] ''Unam sanctam''.