Santiago o Xusto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Jakov Pravedni
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nn:Jakob den rettferdige; cambios estética
Liña 3:
 
Hai tres personaxes [[Novo Testamento|neotestamentarias]] chamadas Santiago:
* [[Santiago o Maior]] fillo de Zebedeo e [[Salomé]], irmán de Xoán evanxelista, un dos [[Apóstolo]]s.
* '''Santiago o Xusto''', irmán do Señor.
* [[Santiago de Alfeo|Santiago, fillo de Alfeo]], un dos [[Apóstolo]]s.
 
[[Santiago o Menor]] identifícase ora con '''Santiago o Xusto''', ora con [[Santiago de Alfeo]].
 
== Biografía ==
Santiago o Xusto foi unha personalidade importante da [[Igrexa (institución)|Igrexa primitiva]]<ref>André Lemaire, ''Jacques et les chrétiens de Jérusalem'' in ''Les premiers temps de l'Église'', Folio histoire, Gallimard, 2004</ref>, que dirixiu a primeira comunidade cristiá de [[Xerusalén]].
 
Estaba fortemente ligado ao [[xudaísmo]] do seu tempo e mantíñase fiel á lei de [[Moisés]], opóndose aos puntos de vista de [[Paulo de Tarso|Paulo]].
 
O [[Concilio de Xerusalén]], que se celebrou a fins dos [[anos 50]], so a súa autoridade e máis a de [[Pedro (apóstolo)|Pedro]] e a de [[Xoán (apóstolo)|Xoán]] (Feitos 2, 10), admitiu o principio da non [[circuncisión]] dos pagáns convertidos.
 
[[Flavio Xosefo]] rexistra a morte dun ''Santiago irmán de Xesús'' ([[Antigüidades xudaicas]], XX, 197-203) no ano [[62]], decidida polos dirixentes relixiosos do [[Templo de Xerusalén]]; mais Xosefo fala unha liñas antes dese Xesús como un sacerdote do Templo, polo que non pode ser Xesús Cristo, pola simple razón de que os sacerdotes son da tribo de [[Leví]] e Xesús estaba censado na de [[Xudá]].
Liña 20:
Santiago o Xusto foi substituído no cargo de xefe da [[Igrexa (institución)|Igrexa]] de [[Xerusalén]] por [[Simeón I de Xerusalén|Simeón]] (cfr. [[Eusebio de Cesarea]], 3, 11, 32).
 
== Identidade ==
[[Paulo de Tarso|Paulo]], en Ga 2,9, describe así a Santiago o Xusto « ... Santiago, [[Pedro (apóstolo)|Cefas]], e [[Xoán (apóstolo)|Xoán]], que aparecían como columnas... ». No Novo Testamento é citado como un « irmán de Xesús ». « Na liturxia de Santiago, o irmán de Xesús é elevado á dignidade de irmán de Deus mesmo (Adelphotheos) » (Philip Schaff : History of the Christian Church, capítulo 4, sección 29).
 
Santiago é citado por [[Evanxeo segundo Mateu|Mateu]] {Mt 13,55} ; por [[Evanxeo segundo Marcos|Marcos]] (Mc 6,3 e Mc 15,40) ; pola [[Epístola aos Gálatas]] (Ga 1,19) ; pola [[Epístola de Xudas]] (1). Tamén é citado por [[Flavio Xosefo]].
 
Velaí o que dixo sobre o santoral a [[Conferencia de bispos de Francia]] : « Os [[eséxeta]]s distinguen varios Santiagos arredor do Señor. [[Santiago o Maior]], fillo de Zebedeo e irmán de Xoán; Santiago, fillo de Alfeo, do cal só se sabe que foi apóstolo, e máis, Santiago, irmán do Señor, do seu parentesco e orixinario de [[Nazareth]]. » A noción de ''irmán'' debe ser comprendida no sentido amplo utilizado na época. Podía significar un parente moi afastado, como un curmán ou primo-irmán, ou ben indicar un duplo parentesco (de dous troncos).
 
== Controversia sobre os « Irmáns e irmás » de Xesús ==
O [[Novo Testamento]], en Mc 6,3 recolle a reacción de asombro dos habitantes de [[Nazareth]], logo de escoitar a [[Xesús de Nazareth|Xesús]] a ensinar na sinagoga: "''Non é este o carpinteiro, o fillo de María, e o irmán de Santiago, Xosé, Xudas e Simón? E súas irmás non viven entre nós?".'' Hai desacordo sobre o que se debe entender nesas palabras segundo que sexan tomadas en senso estrito como fillos dun mesmo pai e nai ou nun senso máis amplo como parentes próximos, tal e como se fai en numerosos países orientais, onde primos e primas, que viven xuntos, son chamados 'irmáns' e 'irmás'. Os versículos de Xoán 19, 26-27 fornecen un exemplo de polivalencia do uso de títulos parentais nos textos evanxélicos: aí Xesús dille a María, confiándolle o apóstolo Xoán: « Muller, velaí teu fillo » , logo, dirixíndose a Xoán : « Velaí túa nai » .
Para os [[protestantes]], [[María de Nazareth|María]] era virxe antes de nacer Xesús, mais despois tivo outros fillos. Consonte a tradición da [[Igrexa ortodoxa]], que segue o [[Protoevanxeo de Santiago]], Xesús e Santiago, serían de feito medios irmáns, fillos de [[Xosé (Novo Testamento)|José]]. Segundo a tradición [[catolicismo|católica]], ambos serían primos curmáns des (é unha mesma palabra a que designa o irmán e o curmán, nas línguas hebrea e aramea) : dous dentre eles son, en efecto, sinalados como fillos dunha « María, nai de [[Santiago o Xusto|Santiago]] e de [[Xosé, irmán de Xesús|Xosé]] » en Mc 15, 40, que debe ser identificada con María, muller de [[Cleofás]], de acordo a Xn 19, 25. O terceiro, arriba citado, [[Xudas]] é o irmán de [[Santiago o Xusto]] (Xu 1) e o cuarto [[Simón, irmán de Xesús|Simón]], é claramente designado como un primo curmán, fillo de [[Cleofás]], irmán do [[Xosé (Novo Testamento)|Xosé]], na '''Historia eclesiástica'' de [[Eusebio de Cesarea]], quen afirma ademais que « irmán do Señor » referido a [[Santiago o Xusto]] non é máis que un chamamento.
 
== Culto ==
Durante séculos, a [[Igrexa católica]] honrou a ''Santiago o Xusto'' ao tempo que o apóstolo [[Filipe (apóstolo)|Filipe]], no día [[1 de maio]], data que conmemoraba o aniversario do traslado das [[reliquia]]s de ambos os dous santos para a [[basílica dos Doce Apóstolos]] en [[Roma]]. En 1956, o papa [[Pío XII, papa|Pío XII]] desprazou a festa para o [[11 de maio]]; mais no novo calendario romano a festividade foi fixada no [[3 de maio]].
 
''Santiago o Xusto'' é festexado o día [[23 de outubro]] pola [[Igrexa ortodoxa]].
 
 
 
 
 
 
[[Categoría:Santos|Santiago o Xusto]]
Liña 59 ⟶ 54:
[[ka:იაკობი ძმა უფლისა]]
[[la:Iacobus Iustus]]
[[nn:Jakob den rettferdige]]
[[pl:Jakub Sprawiedliwy]]
[[pt:Tiago, o Justo]]