Belchite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
|}
'''Belchite''' é un concello [[España|español]] da [[provincia de Zaragoza]], comunidade de [[Aragón]], situado a 49 km da capital. Ten unha poboación de 1.692 habitantes e 273,58 km². Coñécese por ser escenario dunha das batallas simbólicas da [[Guerra civil española]], a [[Batalla de Belchite (1937)|Batalla de Belchite]]. Como consecuencia dos enfrontamentos, a vila foi completamente destruída. En lugar da súa reconstrucción, o réxime de [[Francisco Franco]] optou por crear unha vila nova ao carón (hoxe coñecido como ''Belchite nuevo''), deixando intactas as ruínas do anterior como recordo da guerra civil e do que se consideraron excesos do bando vencido.<ref>[http://www.elmundo.es/cronica/2005/494/1112479206.html Belchite, ¿parque temático?]</ref> O conxunto, hoxe en día abandonado e en parte pechado ao paso de persoas coñécese como ''Pueblo Viejo de Belchite''.
 
==Historia==
===Idade contemporánea===
Na vila localízanse dúas batallas importantes da [[historia de España]]: a [[Batalla de Belchite (1809)|Batalla de Belchite de 1809]], desenvolvida durante a [[Guerra da Independencia española]]; e a [[Batalla de Belchite (1937)|Batalla de Belchite de 1937]], desenvolvida durante a [[Guerra Civil Española]].
 
Como consecuencia da Guerra Civil a vila quedou completamente arrasada, se ben até entón chegara a ser unha vila de certa importancia, albergando até dous mosteiros e varias igrexas. Franco decidió reconstruílo xusto ao carón, deixando as ruínas da ''vila vella'' de Belchite intactas como recordo da contenda. Os encargados da construcción da nova vila foron principalmente prisioneiros republicanos, para os cales habilitouse un [[campo de concentración]] nas proximidades, cuxos restos aínda se conservan, e que permaneceu aberto desde [[1940]] até [[1945]], chegando a albergar a 1.000 prisioneiros a cargo da [[Dirección General de Regiones Devastadas]]. Os derradeiros habitantes do Belchite vello abandonaron as súas ruínas en [[1964]] para reasentarse na nova vila.<ref>[http://usuarios.lycos.es/antoniomarinlopera/belchite.htm Las ruinas de belchite.]</ref> As ruínas, sen acondicionar para o turismo, son visitadas por máis de 10.000 personas ao ano.
 
==Lugares de interese==