O Pireo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: jv:Piraeus
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lmo:El Piree; cambios estética
Liña 28:
O Pireo mantense como o maior centro industrial e portuario, e é a terminal para o servizo de trens eléctricos. Conta con estaleiros, fábricas produtoras de maquinaria agrícola, vidro, téxtil e produtos químicos. Ademais exporta olivas, aceite de oliva e xabón. Tamén ten unha escola industrial fundada en [[1938]].
 
== Historia ==
 
=== Antigüidade ===
 
O Pireo era na orixe unha illa, separada do continente polas [[marisma]]s de Halipedon.
Liña 60:
[[Ficheiro:AtheneOudheid.JPG|400px|right|Os Muros Longos conectaban a antiga cidade de Atenas co porto do Pireo]]
 
==== [[Temístocles]], fundador da economía do Pireo ====
 
No tomo V de ''The Cambridge Ancient History'', pódese ler sobre Temístocles: «El era o responsable da nova base naval do Pireo, sen a cal a súa hexemonía marítima non podería ser mantida». A Temístocles débese a elección do lugar do Pireo para instalar o novo porto de Atenas, a continuación do descubrimento dos novos xacementos nas minas de [[Laurión]], Atenas ten os medios para proceder a grandes traballos de fortificación e de construción marítima e Temístocles persuadiu á [[Eklesía|Asemblea]] de desbloquear estes fondos para facer de Atenas un potencia marítima. No libro II da ''[[Historia da Guerra do Peloponeso]]'', Tucídides explica que «Temístocles (...) atopaba o emprazamento, afortunadamente, constituído cos seus tres portos naturais e pensaba que acabarían sendo mariños, e estarían en disposición de adquirir poder». Tamén no [[493 a. C.|493 a.C.]] durante o primeiro [[arconte|arcontado]] de Temístocles comezaron os traballos do Pireo que os dotou de talleres navais. Son estes talleres navais os que permitiron a construción dunha flota bastante importante para bater aos [[imperio aqueménida|persas]] na [[Batalla de Salamina]], no [[480 a. C.|480 a.C.]] Esta vitoria persuadiu aos atenienses da utilidade de contar cun poder marítimo,. Habendo sido destruída a cidade de Atenas polos persas, afanáronse en reconstruíla e fortificala, e fixeron os mesmo co Pireo, que sufrira tamén a invasión persa.
Liña 68:
A fortificación do Pireo fíxoa unha praza militar inexpugnable, e por conseguinte un porto comercial seguro pois os vendedores non tiñan medo de almacenar os seus produtos. Por iso estas fortificacións corren parellas co desenvolvemento deste porto. Falero foi abandonado en beneficio do Pireo, máis grande, mellor fortificado e articulado ao pé dos outeiros que permitían unha boa vixilancia. Temístocles foi pois o primeiro en comprender a importancia do Pireo, en primeiro lugar para construírse unha gran flota en caso dunha nova invasión persa, pero tamén para estimular o comercio e facer de Atenas unha potencia marítima ben protexida. Pero o seu proxecto máis ambicioso, os Muros Longos que unían Atenas ao Pireo, foi realizado tras o seu [[ostracismo]] en [[471]] , habendo sido acusado de [[medismo]].
 
==== Da idade de ouro á caída ====
 
Os comezos do período clásico constitúen a idade de ouro do Pireo que adquire unha hexemonía sobre o comercio grego, e iso en detrimento de outros portos como [[Calcis]], [[Eretria]], [[Egina]] ou ata [[Corinto]] que é con todo o único porto en lograr manterse. A partir de [[451 a. C.|451 a.C.]], a cidade do Pireo é reconstruída totalmente sobre un vasto plano arquitectural por Hipódamo, os almacéns e arsenais son agrandados e a cidade dótase de templos e de dársenas. O Pireo aparece entón como unha clave do auxe ateniense pois lle confire seguridade, prosperidade económica e comercial, así como poder naval sen igual. Os ingresos do Pireo unidos aos das minas de [[Laurión]] constitúen entón máis do 65% do orzamento do estado ateniense, o desenvolvemento da navegación que compensa a pobreza da terra do Ática. O Pireo achégase igualmente a Atenas na medida en que os seus habitantes toman cada vez máis parte na democracia ateniense, pois a tradición democrática está moi ancorada no Pireo. Finalmente, os [[Muros Longos]], construídos entre [[461 a. C.|461]] e [[456 a. C.|456 a.C.]] e que uniron O Pireo con Atenas mediante unha dobre muralla duns 6 quilómetros acabaron de protexer a cidade e conferíronlle non só virtudes defensivas senón tamén potencial agresivo. A importancia destes Muros Longos muros exprésase ben no libro I da ''[[Historia da Guerra do Peloponeso]]'', pois [[Tucídides]] ensínanos que Temístocles pensaba que O Pireo tiña máis utilidade que a cidade alta e repetía a miúdo aos atenienses, que se nunca deixaban a alcanzar o porto un asaltante por terra, coa súa flota poderían facerlle fronte.
Liña 92:
A incursión de [[Alarico I]] en [[396]], deu o golpe de graza á cidade.
 
=== Idade Media e dominación otomá ===
 
En 1040, o [[Varego]] [[Harald III de Noruega|Harald Hardraada]] foi a reprimir unha insurrección ateniense. Desembarcou no Pireo, chamado entón ''Porto Leone'' ou ''Porto Draco''. Este nome foralle dado por mor da estatua do león (ou leoa), quizais orixinaria de [[Delos]] que se achaba na extremidade do promontorio de Alkimos. Unha reprodución é aínda visible actualmente. Foi feita na estatua que Harald Hardraada gravou nas ruínas.
Liña 100:
O Pireo chamábase ''Aslan-Liman'' durante a dominación [[Imperio otomán|otomá]].
 
=== Época contemporánea ===
 
[[Ficheiro:Panoramica del Pireo.jpg|thumb|left|350px|Panorámica do Pireo]]
Liña 120:
O rexedor da cidade é actualmente (2007) [[Vicky Leandros]] e o alcalde é [[Panayótis Fasoúlas]].
 
== Arsenal de Filón ==
 
Foi unha das construcións máis admiradas do Pireo ata a súa destrución por Sila.
Liña 132:
O edificio, de máis de 100 m de lonxitude concibiuse como galería monumental que unía o porto militar ao [[Ágora de Atenas|ágora]]. O espazo central era de tránsito público aberto aos cidadáns, que, dunha a outra parte, entre os alicerces que o limitaban, podían contemplar os aparellos da flota confiada á responsabilidade dos maxistrados. Unha viguería de liñas sinxelas pero sólidas, contribuía a acrecentar o aspecto monumental dese edificio, un pouco severo nas súas liñas exteriores, a pesar do [[friso]] [[orde dórico|dórico]] que coroaba os seus muros espidos.
 
== Poboación ==
 
A poboación da municipalidade de Pireo era de 175.697 habitantes (2001). Se se inclúe a área circundante á cidade e algunhas das illas do [[Golfo Sarónico]], ten unha poboación de 541.504 habitantes (2001).
Liña 146:
|-
| [[2001]] || 175.697 || -6.974/-3,82% || 15.972,45%
|}
 
[[Categoría:Grecia]]
Liña 175:
[[la:Piraeus]]
[[lb:Piräus]]
[[lmo:El Piree]]
[[lt:Pirėjas]]
[[lv:Pireja]]