Ruptura sino-soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: tr:Çin-Sovyet ayrılığı; cambios estética
Liña 1:
A '''ruptura sino-soviética''' é o nome que recibiu a crise das relacións diplomáticas entre a [[República Popular da China]] e a [[Unión Soviética]] que se orixinou nos últimos anos da década de 1950 e que se intensificaría durante a década de 1960.
 
== Orixes ==
 
As raíces do conflito entre os comunistas chineses e os soviéticos remontanse ao momento en que [[Mao Tse Tung]] se converteu no líder do [[Partido Comunista de China|Partido Comunista da China]] (ZG) contra as preferencias da URSS, que até aquel momento controloaba o ZG a través da [[Terceira Internacional]]. Mao tiña deseñado unha adaptación chinesa do [[marxismo-leninismo]], baseándose máis no campesiñado do que no proletariado industrial, e dando orixe a unha nova concepción da construción comunista denominada [[Nova democracia (concepto)|Nova Democracia]]. Na loita polo poder que se escenificou durante a [[Longa Marcha]], Mao Tse Tung tornouse o líder indiscutíbel do [[comunismo]] chinés, por diante de [[Bo Wu]] e [[Wang Ming]], apoiados por [[Moscova]].
Liña 7:
Coa vitoria do comunismo na [[Guerra Civil chinesa]] en [[1949]], e malia a animadversión que [[Stalin]] e [[Mao Tse Tung]] se profesaban mutuamente, os dous Estados comunistas necesitábanse. Pola parte soviética, a vitoria da revolución chinesa era vista como un avanzo fundamental no proceso de expansión mundial do comunismo ([[China]] era xa o país máis populoso do mundo), e, polo tanto, como unha vitoria da propia URSS ao liderar o movemento proletario internacional. Pola parte chinesa, a [[URSS]] da época de [[Stalin]] aparecía como a superpotencia comunista á que recurrir, especialmente tras a [[Guerra de Corea]], que bloqueara as relacións con [[Occidente]].
 
== Desenvolvemento do conflito ==
 
Porén, as diferentes visións chinesa e soviética sobre a colaboración entre os dous Estados provocarían unha ruptura crecente: a [[URSS]] pretendía tratar [[República Popular da China|China]] como máis un dos seus satélites, ao modo dos países da [[Europa Oriental]]; e os dirixentes chineses pretendían un tratamento de igualdade coa propia URSS, á vez que consideraban que a axuda soviética era interesada. A subida ao poder de [[Nikita Khrushchev]] revelou discrepancias aínda máis profundas, que se agudizaron pola vontade de Khrushchev de lograr unha "convivencia pacífica" co [[capitalismo]] occidental, presuposto que [[Mao Tse Tung|Mao]] rexeitaba absolutamente.
Liña 13:
En consecuencia, Mao comezou a considerar China como o novo referente principal do comunismo no mundo e, como tal, xustificada para relativizar as relacións cunha URSS que, do seu punto de vista, traizoaba a causa ideolóxica. Este enfrontamento ideolóxico tivo un dos seus fitos na cancelación, pola parte soviética, do programa de axuda à China para o seu proxecto nuclear. Ademais, Khrushchev, por temor a un enfrontamento cos [[Estados Unidos]], non apoiaba as accións militares do [[Exército Popular de Liberación]] chinés a finais da década de 1950 nos arquipélagos de [[Matsu]] e [[Quemoi]], controlados polo rexime nacionalista de [[Taiwán]]. No ano [[1960]], a [[Unión Soviética]] ordenou a saída de todos os seus expertos estabelecidos na China e cancelaba todos os proxectos de cooperación técnica. En [[1962]], coas relacións aínda máis tensas, a URSS denegou axuda á China nunha breve guerra contra a [[India]] polo control dunha zona de fronteira. Como resultado, a República Popular chinesa atopábase aínda máis illada internacionalmente, ao non contar co apoio do occidente capitalista nin do bloque comunista. [[Albania]], o pequeno país europeo que tiña abandonado tamén o modelo soviético, convertíase, así, no seu único aliado.
 
== Disputas territoriais e enfrontamento armado ==
 
A estas desavinzas ideolóxicas uníronse outras de tipo nacionalista. No Tratado de Amizade, Alianza e Asistencia Mutua asinado en [[14 de febreiro]] de [[1950]], a China aceptara recoñecer a independencia da [[Mongolia|Mongolia exterior]], antigo territorio chinés. Sen embargo, despois da morte de Stalin, o rexime chinés quixo reabrir a cuestión, ao que [[Khrushchev]] se negou na medida que aquilo supuña reconsiderar a fronteira sino-soviética. As disputas territoriais alcanzaron o seu momento crítico no incidente da ilha [[Zhenbao]] (en [[lingua rusa|ruso]], "Damanski") no rio [[Ussuri]], onde tivo lugar un enfrontamento entre tropas soviéticas e chinesas que motivou o punto máis frio das relacións entre os dous países, e que fixeron temer unha grande guerra entre as dúas potencias comunistas.
 
== Mellora das relacións ==
 
Durante a década de 1970, a [[República Popular da China]] iniciou unha política de aproximación aos [[Estados Unidos]] e ás potencias occidentais. Iso posibilitou ao goberno comunista chinés arrebatar a [[Taiwán]] o asento da China nas [[Nacións Unidas]] e lograr finalmente o recoñecemento diplomático da maioría dos países occidentais, que até entón recoñecían o rexime taiwanés de [[Chiang Kai Chek]] como o goberno lexítimo da China.
Liña 23:
As relacións coa URSS, porén, non se destensarían até a década de 1980, cando o líder soviético [[Mikhail Gorbachov]] iniciou un proceso de apertura que o levou a visitar China en [[1989]], nun momento en que a China enfrontaba grandes dificultades internas (protestas da praza de Tian'anmen) e a Unión Soviética comezaba a mostrar os síntomas de descomposición que terminarían coa súa disolución en [[1991]] en quince repúblicas independentes. [[Rusia]], o maior dos Estados resultantes, mantivo desde entón unhas relacións moito máis cordiais coa República Popular chinesa, toda vez que Rusia abandonaba a ideoloxía comunista e, polo tanto, desaparecía a rivalidade ideolóxica e estratéxica polo liderado do comunismo.
== Outros artigos ==
 
*[[Historia da República Popular da China]]
*[[Historia da Unión Soviética]]
*[[Mao Tse Tung]]
*[[Nova democracia (concepto)]]
 
* [[Historia da República Popular da China]]
* [[Historia da Unión Soviética]]
* [[Mao Tse Tung]]
* [[Nova democracia (concepto)]]
 
[[Categoría:Historia da China]]
Liña 53 ⟶ 52:
[[ru:Советско-китайский раскол]]
[[simple:Sino-Soviet Split]]
[[tr:Çin-Sovyet Ayrılığıayrılığı]]
[[vi:Chia rẽ Trung-Xô]]
[[zh:中苏交恶]]