Vermudo II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1:
{{SenReferencias}}
{{Reis de Galiza}}
'''Vermudo II de León e de Galiza''' (ou '''Vermudo II'''; c. [[956]] — [[O Bierzo]], [[999]]), foi [[lista de reis de Galiza|rei da Galiza]] a partir de [[982]] e de [[lista de monarcas de León|León]] desde [[985]] e até a sua morte. Xúlgase que teña sido fillo bastardo de [[Ordoño III]]. Foi cognominado ''o Gotoso'', por sofrersufrir de [[Gota (doenza)|gota]].
 
== Coroación en Galicia ==
[[Ficheiro:Bermudo II of León.jpg|thumb|left|170px| Vermudo II no ''Libro das Estampas''.]]
 
[[Ramiro III]] apoiábase en casas nobiliarias alleas a Galicia, como os Beni Gómez. Incorría nestonisto no mesmo erro que o seu pai [[Sancho I]] que fora envelenado polo ''dux'' galaico-portugués Gonzalo Muñoz. A ameaza normanda e musulmá (ocupación de [[Simancas]] por [[Almanzor]]) incrementaban o descontento.
 
O [[15 de outubro]] do ano [[982]], a máis alta nobreza galega proclama rei a un fillo de [[Ordoño III]], Vermudo, e coróano en [[Santiago de Compostela]]. Axiña o novo rei faise coa soberanía de todas as terras galegas (que nese momento chegaba ata [[Coimbra]]). Ramiro III, entrou entra en territorio galego coas tropas reais sendo derrotadas en Portela de Areas (preto de [[Monterroso]]). Vermudo II empezaba o seu reinado en terras galegas. Na primavera do ano [[984]], invadiu as terras do seu rival e as tropas galegas expulsaron a Ramiro III de León. Este fíxose forte en [[Astorga]] e non renunciou á coroa leonesa ata a morte no ano [[986]].
Liña 12:
No ano [[985]], Vermudo II aparece asinando documentos en [[Celanova]] dando testemuño de que xa non ten resistencias e estando ao seu lado como coasinante o líder da nobreza galega [[Mendo Gundisalviz]]. Así mesmo, procura o apoio das dioceses, quer pacificamente mediante doazóns (caso de Iria-Santiago e [[Lugo]]) ou ben metendo na cadea ao bispo (caso de Gustedeo de [[Oviedo]]).
 
No ano [[986]] outorga privilexios asás comunidades relixiosas que inzaban as abas do monte Ilicino (máis coñecido como [[Pico Sacro]]) eximíndoas de todo tributo. Nese mesmo ano expulsou de Galicia a determinados nobres sublevados que se refuxiaron á sombra de [[Almanzor]].
 
== Insurrección leonesa ==
Toda Galicia recoñecía a Vermudo, pero os Beni Gómez, condes de [[Saldaña]], descoñecían a súa autoridade en terras leonesas. Gómez García e García Gómez eran avós e tío do fillo de Ramiro III, Ordoño Ramírez, e mantiveron en pé os seus dereitos. Nas estadías de Vermudo II en Galicia encontrouse cos señores rebeldes propagando a falsa noticia da súa morte e señoreándoseenseñorándose de León nos anos [[989]] e [[990]]. O nobre Conancio gobernou a teórica capital do reino en franco desafío ao rei galaico-leonés. Vermudo II volveu dende Galicia e conseguiu expulsar a Conancio, confiscándolle os seus bens.
 
No ano [[991]], volveron os nobres leoneses a facerse coa cidade, apoderándose do tesouro real e, coa axuda dos musulmáns, obrigaron a Vermudo a refuxiarse en Galicia, onde mantiña o seu poder intacto.
Liña 23:
== Almanzor ==
 
Almanzor arrasaría León, [[Zamora]], [[Tui]] e no ano [[997]] a cidade de Santiago de Compostela, onde non deixa pedra sobre pedra da [[Catedral de Santiago|catedral xacobea]]. As portas e as campás da catedral compostelanacompostelá son levadas a hombreirosombreiros de galegos ata [[Córdoba, España|Córdoba]] nun acto de humillación para o reino cristián. A superioridade militar do caudillo musulmán, aconsella a Vermudo II non presentar batalla aberta e deambular por Galicia sostendo un reino a piques de derrubarse. Tras esta terrible vaga, Vermudo II acudiu a Santiago onde auxiliou ao seu bispo San [[Pedro de Mezonzo]] a erguer das súas ruínas a basílica do Apóstolo. No ano [[999]] confiaba o monarca o goberno do [[mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro]] ao presbítero Anscario e ao monxe Trasuario.
 
== Pervivencia da súa liñaxe ==