Sancho II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 5:
Cando herdou do seu pai [[Fernando I]] o reino de Castela, tamén herdou os problemas dos limites territoriais con [[reino de Navarra|Navarra]], [[reino de León|León]] e [[reino de Aragón|Aragón]]. Unha das súas primeiras medidas foi restaurar a sede episcopal de [[Oca]] e trasladar a súa capital a [[Burgos]]. Os problemas con [[Sancho IV de Navarra]] viñan polas lindes da [[A Rioxa|Rioxa]], mentres que con Aragón foron os intereses que se contrapuñan respecto ao [[Taifa de Zaragoza|Reino taifa de Zaragoza]].
 
As súas primeiras iniciativas políticas foron ao de atacar no verán do [[1067]] a [[al-Muqtadir]] de Zaragoza, probablemente para lle esixir o pago das ''[[paria]]s'' debidas, o que o levou a enfrontarse con Sancho IV, a quen lle arrebatou [[Pancorbo]] e parte de [[Bureba]]. Outorgou mercedes osaos monasteriosmosteiros de [[Oña]], [[Arlanza]] e [[San Millán da Cogolla]]. Na parte occidental do seu reino optou pola mesma política do seu avó, que foi o de intentar a anexión de León como medio para evitar os enfrontamentos.
 
O conflito con Afonso VI esbózase no ano [[1068]], con enfrontamentos illados, o que non prexudica o acordo entre os dous reis para desposuír ao seu irmán [[García de Galiza|García]] do [[Reino de Galiza]]. Pero no ano [[1072]] o enfrontamento en [[Batalla de Golpejera|Golpejera]], onde [[Rodrigo Díaz de Vivar]] actuou como [[alférez]] do rei Sancho, remata co apresamento de Afonso, quen foi conducido a Burgos, mentres Sancho se dirixía a León onde se coroaba a si mesmo diante da negativa do bispo [[Pelaio]] de Oviedo a facelo. O interese maior de Sancho foi completar o afastamento político de seus dos irmáns: na primavera dese ano, marchou contra García, quen se refuxiara no sur do seu reino, e derrotouno en [[Santarém]], obrigándoo a exiliarse en [[Sevilla]]. A continuación enviou o seu irmán Afonso exiliado a [[Toledo]]. Xa tiña con isto todo o poder nas súas mans, pero necesitaba atraer a todas as forzas políticas do seu reino e evitar as revoltas que se puidesen producir.