Jolly Roger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 4:
A pesar da súa preeminencia na cultura popular, as bandeiras máis comúns utilizadas polos pirtas durante os [[século XVII|séculos XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] consistían tan só nun pano negro. Historicamente, a bandeira foi izada polos piratas para amedrontar ás súas vítimas para se entregar sen loita, xa que transmitía a mensaxe de eran bandidos que non se consideraban vinculados ás regras usuais de inclusión e podían, polo tanto, abater aos derrotados. A mesma mensaxe foi transmitida, ás veces, cunha bandeira vermella.
 
== Uso na práctica ==
A primeira vista, pode parecer unha mala idea advertir das intencións izando a Jolly Roger. Con todo, isto pode ser visto como unha forma de guerra psicolóxica. O interese principal dun pirata é capturar o barco obxectivo intacto, xunto con calquera carga que puidese conter. Cunha reputación o suficientemente sanguinaria, un pirata que lanzase ao vento a Jolly Roger podería intimidar a tripulación inimiga e obrigala a renderse sen disparar nin un só canón. Tipicamente, se un barco decidía resistirse, a Jolly Roger era recollida e alzábase a bandeira vermella, indicando que os piratas ían tomar o barco pola forza e sen mostrar ningunha compaixón. Esperábase en moitas tripulacións que este curso da acción podería axudar a estender a idea de que resistirse era unha mala idea para o barco.