Diferenzas entre revisións de «Jolly Roger»

m
 
A pesar da súa preeminencia na cultura popular, as bandeiras máis comúns utilizadas polos pirtas durante os [[século XVII|séculos XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] consistían tan só nun pano negro. Historicamente, a bandeira foi izada polos piratas para amedrontar ás súas vítimas para se entregar sen loita, xa que transmitía a mensaxe de eran bandidos que non se consideraban vinculados ás regras usuais de inclusión e podían, polo tanto, abater aos derrotados. A mesma mensaxe foi transmitida, ás veces, cunha bandeira vermella.
 
== Orixes do termo ==
As orixes do termo "Jolly Roger" non están claras, existen varias teorías respecto diso. Unha delas indica que procede do termo [[francés]] ''joli rouge'' (vermello bonito), que os ingleses posteriormente corromperon a ''Jolly Roger''. Aínda que é certo que existiron unha serie de "bandeiras vermellas" que foron tan temidas, ou máis, que as "bandeiras negras", esta explicación parece improbable por tres motivos. En primeiro lugar, o primeiro nome coñecido da bandeira negra foi ''Old Roger'', aparecendo ''Jolly'' despois. En segundo lugar, a bandeira vermella non foi copiada dos franceses, polo que parece razoable que tampouco o fose a bandeira negra. En terceiro e último lugar, non existe evidencia algunha de que o termo ''Jolly Rouge'' fóra empregado algunha vez para facer referencia a ningún tipo de bandeira.
 
A orixe das bandeiras vermellas pode estar nas que usaban os [[corsario]]s [[Inglaterra|ingleses]] por orde do Almirantazgo en [[1664]], a ''red jack''. Cando a [[Guerra de Sucesión Española]] acabou en [[1714]], moitos dos corsarios convertéronse en piratas e algúns deles retiveron a bandeira vermella, simbolizando o sangue. Non importa canto temían os mariñeiros a cor negra dos piratas, todos esperaban non atoparse coa ''joli rouge''. A bandeira vermella declaraba descaradamente as intencións dos piratas: Non se perdoará unha vida, non se farán preguntas. O termo seguiuse usando para a bandeira negra cunha caveira e ósos que apareceu sobre o [[1700]].
 
Outra teoría propón que o líder dun grupo de piratas asiáticos foi nomeado [[Ali Raja]], ''Rei do Mar'', os piratas ingleses apropiáronse e corromperon o termo. Unha teoría que vai máis aló indica que o nome podería provir da palabra inglesa ''roger'', significando vagabundo errante: ''Old Roger'' era un apelativo do [[Diaño]].
 
== Uso na práctica ==
60.919

edicións