Diferenzas entre revisións de «Ditongo»

 
=== Ditongos decrecentes ===
Formados por unha vogal fraca ou pechada ("u" ou "i") e outra forte ou de maior abertura ("a", "e", "o"). Neste caso os órganos articulatorios pasan dunha posición pechadaaberta a outra abertapechada.
 
Os ditongos decrecentes son, a diferencia dos crecentes, moi estables en galego. Poden aparecer en sílaba tónica ou átona: "ai" (caixa, embaixada), "ei" (queixa, queixada), "oi" (noite, aboiar), "au" (raudo, automóbil), "eu" (bateu), "ou" (mouro, ousar). De entre eles, "au" é o menos característico do galego e o menos frecuente en voces patrimoniais.
 
=== Ditongos crecentes ===
Chámanse así porque os órganos articulatorios pasan dunha posición abertapechada a outra pechadaaberta. Están formados por unha [[semiconsoante]] [j] ou [w] (realizacións en posición non nuclear de /i/ e /u/) e por unha vogal. As posibilidades de combinación para formar ditongos crecentes existen practicamente todas, aínda que con distinta frecuencia e rendemento:
 
* "ia" (cambiar), "ua" (cuarto).
Usuario anónimo