Artes liberais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Arte liberale
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1:
O concepto de '''arte liberal''', herdado da antigüidade clásica, fai referencia ó seu cultivo por "homes libres" en oposición ás "[[artes servís]]". O termo '''artes liberais''' (en [[Lingua latina|latín]] ''artes liberales'') designaba os estudos que tiñan como propósito ofrecer coñecementos xerais e destrezas intelectuais antes que destrezas profesionais ou ocupacionais especializadas.
[[Ficheiro:Artes Liberales.jpg|180px|right|thumb|As sete artes liberais – [[Hortus deliciarum]] de [[Herrad von Landsberg]] ([[século XII]])]]
 
Durante a [[Idade Media]], as artes liberais conformaban a parte central do [[currículum]] das [[universidade]]s. [[Alcuíno]], conselleiro intelectual de [[Carlomagno]] adoptounas como base da reforma escolar levada a cabo durante o periodoperíodo do ''[[Renacemento carolinxio]]''). Nas teorías educativas medievais o ''quadrivium'' seguía o traballo preparatorio do ''trivium''. Aínda que o esquema de trivium e quadrivium é ás veces coñecido como "educación clásica" correspóndese fundamentalmente cun desenvolvemento medieval que chega ós séculos [[século XII|XII]] e [[século XIII|XIII]].
 
O ámbito e alcance das artes liberais evolucionou no tempo. IncialmenteInicialmente refería a educación das éliteselites nos clásicos. [[Boecio]], o "último romano, o primeiro escolástico", nunha tentativa case desesperada de transmitir ós novos donos de [[Italia]] a civilización clásica, permanece no reino dos [[ostrogodos]] para tentar ensinarlles os rudimentos do quadrivium. Do [[século VI]] en diante o sistema medieval de estudos académicos corresponderase co esquema duplo dos contidos do [[trivium]] e [[quadrivium]] pero coa aparición das [[Humanidades]] e da [[Ciencia]] na época da [[Ilustración]], o significado de "artes liberais" esténdese ata abranguer a ambas. Son aínda excluídas das artes liberais ocupacións específicas como a [[agricultura]], os negocios, a [[enxeñaría]], a [[pedagoxía]], a [[medicina]] ou a [[farmacia]].
 
As sete '''artes liberais''' que se ensinaban na antigüidade comprendían dous grupos de estudos: o ''[[trivium]]'' e o ''[[quadrivium]]''. Eran estas (acompáñadasacompañadas a seguir da súa materia principal en [[latín]]):
 
* a [[gramática]], ''lingua'' "a lingua";