Jolly Roger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
m Parte traducida da wikipedia en castelán (es:Jolly Roger)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
A orixe das bandeiras vermellas pode estar nas que usaban os [[corsario]]s [[Inglaterra|ingleses]] por orde do Almirantazgo en [[1664]], a ''red jack''. Cando a [[Guerra de Sucesión Española]] acabou en [[1714]], moitos dos corsarios convertéronse en piratas e algúns deles retiveron a bandeira vermella, simbolizando o sangue. Non importa canto temían os mariñeiros a cor negra dos piratas, todos esperaban non atoparse coa ''joli rouge''. A bandeira vermella declaraba descaradamente as intencións dos piratas: Non se perdoará unha vida, non se farán preguntas. O termo seguiuse usando para a bandeira negra cunha caveira e ósos que apareceu sobre o [[1700]].
 
[[Ficheiro:Cross Templar.svg|thumb|160px|Insignia [[Orde do Temple|templaria]].]]
 
Outra teoría propón que o líder dun grupo de piratas asiáticos foi nomeado [[Ali Raja]], ''Rei do Mar'', os piratas ingleses apropiáronse e corromperon o termo. Unha teoría que vai máis aló indica que o nome podería provir da palabra inglesa ''roger'', significando vagabundo errante: ''Old Roger'' era un apelativo do [[Diaño]].
 
No seu libro "''Pirates & The Lost Amornar Fleet''", David Hatcher Childress afirma que o termo foi acuñado por referencia ao primeiro home que izou a bandeira, o rei [[Roxerio II de Sicilia]] (''Roger'') (c. [[1095]]-[[1154]]). Roger foi un afamado [[Orde do Temple|templario]] que tivo unha disputa publica co [[Papa]] polas súas conquistas en [[Puglia]] e [[Provincia de Salerno|Salerno]] en [[1127]]. Childress afirma que, moitos anos despois de que os templarios fosen disoltos pola [[Igrexa]], polo menos unha frota templaria dividiuse en catro flotas independentes que se dedicaron á pirataría contra calquera barco de calquera país que mostrase simpatías cara a [[Roma]]. A bandeira era pois unha herdanza e os ósos cruzados eran unha obvia referencia ao escudo templario orixinal dunha cruz vermella coas puntas abertas. Pero isto parece improbable, xa que os Cabaleiros Templarios usaban unha cruz grega (+) e non a cruz de Santo André (x), a cal é a usada nas bandeiras piratas. En calquera caso, non hai evidencia actual de que os Templarios algunha vez izasen unha bandeira como esa, que a frota dos Templarios foi vista despois da disolución da Orde, ou de que exista conexión algunha entre os Templarios e a Era de Ouro da pirataría.
 
== Uso na práctica ==