Ferro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: war:Putháw
Liña 86:
 
Actualmente é utilizado para a fabricación de ferramentas, máquinas, vehículos de transporte (automóbeis, navios, etc.), como elemento estrutural de pontes, edificios, e infinidade doutras aplicacións.
 
== Características principais ==
É un metal [[maleabilidade|maleábel]], [[tenacidade|tenaz]], de coloración cinza prateada presentando propiedades magnéticas: é [[magnetismo|ferromagnético]] a temperatura ambiente.
 
Atópase na natureza formando parte de diversos [[mineral|minerais]], entre eles moitos [[óxido]]s e raramente atópase en estado libre. Para obter ferro en estado elemento, os óxidos son [[redución|reducidos]] con [[carbono]], e inmediatamente son submetidos a un proceso de refinación para retirar as impurezas presentes.
 
Fundamentalmente é empregado na produción de [[aceiro (metal)|aceiros]], que son [[aliaxe metálica|aliaxes metálicas]] de ferro con outros elementos, tanto [[metal (material)|metálicos]] como [[non metal|non metálicos]], que confiren propiedades distintas ao material.
Denomínase aceiro cando contén menos de 2% de [[carbono]]; se a percentaxe é maior recibe a denominación de [[fundición]].
 
É o elemento máis pesado que se produce [[termoquímica|exotermicamente]] por [[fusión]], e o máis leve producido por [[fisión nuclear|fisión]], debido ao feito ter o seu núcleo a máis alta enerxía de ligación por [[nucleón]], que é a enerxía necesaria para separar do [[núcleo atómico|núcleo]] un [[neutrón]] ou un [[protón]]. Polo tanto, o núcleo máis estábel é o do ferro-56.
 
Presenta diferentes formas estruturais dependendo da temperatura:
* Ferro α: é o que se atopa a temperatura ambiente, ata os 788 °C. O [[estrutura cristalina|sistema cristalino]] é unha rede [[rede de Bravais|cúbica centrada no corpo]] e é [[magnetismo|ferromagnético]].
* Ferro β: 788 °C - 910 °C. Ten o mesmo sistema cristalino que o α, porén a [[temperatura de Curie]] é de 770 °C, e pasa a ser [[magnetismo|paramagnético]].
* Ferro γ: 910 °C - 1400 °C. Presenta unha [[rede de Bravais|rede cúbica centrada nas faces]].
* Ferro δ: 1400 °C - 1539 °C. Presenta unha rede cúbica centrada no corpo.
 
== Aplicacións ==