Economía de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: ro:Economia Franței
m Corribot: Facendo probas de correccións ortográficas sinxelas: ademáis -> ademais segundo: Wikipedia:Erros_de_ortografía_revisados; cambios estética
Liña 80:
A [[Francia]] está nunha transición entre unha [[economía]] cunha intervención estatal substancial, e unha [[economía de mercado]] moderna. Grandes áreas de terreos fértiles, a aplicación de tecnoloxía moderna e subsidios fixeron de Francia o principal produtor agrícola da [[Europa Occidental]].
 
O país ten destaque na [[industria]] [[automóbil|automobilística]], aeronáutica, e con gran recoñecimento na súa industria alimenticia, con agropecuaria intensiva e extensiva, ademáisademais de sectores de [[tecnoloxía]] de ponta, especialmente [[informática]].
 
É case autosuficiente en minería, con alta produción de [[petróleo]] e [[carbón mineral]].
Liña 90:
Francia é considerado un país do [[primeiro mundo]] polo seu nivel de vida. O país é a 6º (ou 5º<ref>Francia foi superada pola [[China]] no ano [[2006]] en termos de [[Produto Interior Bruto]]. Dende que a paridade de cambio euro/libra cambiou fortemento no ano [[2008]] (a [[libra esterlina]] devaluouse fortemente en beneficio do [[euro]], chegando ao seu punto máis baixo en 10 anos), Francia superou ao [[Reino Unido]] na listaxe das principais economías mundiais. Esta clasificación vén dada polo Director do Instituto Nacional de Investigación Económica e Social, e o Instituto de investigación británico. Vexa [http://www.ft.com/cms/s/abe2ffc4-c08b-11dc-b0b7-0000779fd2ac,Authorised=false.html?_i_location=http%3A%2F%2Fwww.ft.com%2Fcms%2Fs%2F0%2Fabe2ffc4-c08b-11dc-b0b7-0000779fd2ac.html%3Fnclick_check%3D1&_i_referer=http%3A%2F%2Ffr.wikipedia.org%2Fwiki%2FFrance&nclick_check=1 Financial Times] 11 de xaneiro do ano [[2008]]</ref>) potencia económica mundial, por detrás dos [[Estados Unidos de América]], [[Xapón]], [[Alemaña]], a [[China]] e o [[Reino Unido]]. Cos seus 551.602 quilómetros cadrados na metrópole e os seus 64 millóns de habitantes, incluíndo aqueles que habitan nos territorios de ultramar, Francia non pode considerarse coma un "gran" país a nivel mundial. Porén, o seu peso económico foi capaz de facerse un papel importante na escea internacional. A República Francesa logrou beneficiarse dos seus bens naturais intanxibles, da súa situación xeográfica e dos principais puntos de venda dos maiores fluxos comerciais da [[Europa Occidental]]: o [[Mediterráneo]], a [[Canle da Mancha]] e o [[Atlántico]].
 
=== Sector primario ===
{{AP|Sector primario en Francia}}
 
As principais actividades do [[sector primario]] son a [[agricultura]], a [[pesca]], a [[silvicultura|explotación forestal]], a [[explotación mineira]] e a [[gandería]].
 
==== Agricultura ====
{{AP|Agricultura en Francia}}
[[Ficheiro:0509 Myans vignoble.JPG|thumb|left|250px|Francia é o segundo produtor mundial de [[uva]], cunha produción de 7.800.000 toneladas segundo a [[FAO]]; Na imaxe, vides preto de [[Myans]] en [[Ródano-Alpes]]]]
Liña 118:
|}
 
En termos de produción, o [[gando]], con 11,9 millóns de euros no ano [[2000]], atópase á cabeza en canto a ganancias, por diante dos [[cereais|cereais]] (10 millóns por 66 millóns de toneladas) e o [[viño]] (8,9 millóns de euros). Con 22,6 millóns de litros no [[2000]], a produción leiteira de Francia, malia recuar fronte as cifras do ano [[1990]], representa unha quinta parte do total europeo. A produción agrícola tamén se atopa detrás dun importante sector de industrias de procesamento de alimentos que, no ano [[1999]], abranguía un total de 3.000 empresas que empregaban a 370.000 traballadores, dos cales 122.000 adicábanse á industria dos [[carne|produtos cárnicos]].
 
==== Pesca ====
Malia representar unha pequena porcentaxe do sector primario europeo e mundial, o sector pesqueiro galo captura 643.000 toneladas de peixe (2003), ocupando o 3º posto en número de capturas por detrás de [[Dinamarca]] (1.031.000 t) e [[España]] (897.000 t), e por diante do [[Reino Unido]] (641.000 t). En euros, o país ten un volume de capturas por valor de 1,144 billóns de euros (2003). A frota pesqueira do país componse duns 7.880 buques (2.468 atópanse nos territorios de ultramar), representa o 9% da [[UE]] e dá traballo ao redor de 20.500 persoas. Mentres o sector pesqueiro perde peso e importancia no sector primario galo, o cultivo de [[bivalvo]]s, principalmente de [[ostra]] e [[mexillón]]s non deixa de medrar, duplicándose a súa produción dende a década dos [[1980|80]].
 
==== Silvicultura ====
[[Ficheiro:Satellite image of France in August 2002.jpg|300px|thumb|Imaxe satélite de Francia. Os bosques aparecen en verde escuro]]
No tocante ao [[silvicultura|sector madeireiro]], a produción de [[madeira]] no país ascendía a 36,2 millóns de metros cúbicos no ano [[1999]]. Esta industria abastece de materia a unha importante cadea de industrias que traballan coa madeira ou os seus derivados ([[papel]], [[cartón]], artigos de madeira, etc.), e que emprega a uns 100.000 traballadores no país.
Liña 133:
As coníferas representan o 40 % do total, dos cales o [[piñeiro]] (''Pinus pinaster''), co 24% é o principal, seguido polos abetos (''Picea abies'' e ''Abies alba''), ámbolos dous cun 20% e o ''Pinus sylvestris'', co 17%. Entre as frondosas (60%), as principais especies son o [[carballo albar]] (''Quercus petraea'') co 21%, o [[carballo|carballo común]] (''Quercus robur'') co 20%, a [[faia]] (''Fagus sylvatica'') co 19%, o [[castiñeiro]] (''Castanea sativa'') co 8% e o carpe (''Carpinus'' sp) co 7%.
 
=== Sector secundario ===
 
{{AP|Sector secundario en Francia}}
Liña 141:
O sector secundario inclúe a industria manufactureira e a [[construción]].
 
==== Industria ====
O país galo é unha das meirandes potencias industriais do mundo. En diversos eidos, varios grupos franceses ocupan o primeiro posto fronte aos seus competidores estranxeiros. Este é o caso de [[L'Oreal]] ou [[Michelin]].
 
Liña 150:
Co 88% das súas empresas con menos de 200 asalariados en 1998, a industria francesa está pouco concentrada. Hai que considerar que á beira de grupos grandes e moi grandes, coexisten e prosperan as pequenas e medianas empresas (PME : '''P'''etites et '''M'''oyennes '''E'''ntreprises) moi numerosas e que a miúdo exercen actividades de subcontratación.
 
==== Produción de enerxía ====
{{AP|Sector enerxético en Francia}}
[[Ficheiro:Nuclear Power Plant Cattenom.jpg|thumb|A [[central nuclear de Cattenom]] en [[Moselle]]]]
Liña 177:
Así, Francia posúe unha taxa de emisión de gases de efecto invernadoiro per cápita de máis dun 21% por baixo da media europea, e dun 30 a 40% menor cós seus países veciños.
 
=== Sector terciario ===
{{AP|Sector terciario en Francia}}
[[Ficheiro:Eiffel trocadero i.jpg|thumb|250px|A [[Torre Eiffel]] é o monumento máis visitado de Francia]]
Liña 186:
O comercio francés caracterizouse nos últimos anos pola tendencia á grande distribución, a miúdo a través de fusións e adquisicións a grande escala ([[Carrefour]] [[Auchan]], [[Groupe Casino|Casino]], [[E.Leclerc|Leclerc]], [[Intermarché]], etc.)<ref>[http://www.europa-planet.com/france/economie.htm L'économie française], ''Europa-planet.com''.</ref>.
 
=== Turismo ===
Co 75 millóns de visitantes por ano, a Francia é o país máis visitado do mundo na [[listaxe dos principais destinos turísticos mundiais]] por diante de [[España]] (55,6 millóns no 2005) e dos [[Estados Unidos]] (49,4 millóns no 2005), e ten a terceira máis alta renda co [[turismo]]<ref name=CIA/>. Os 79,1 millóns de visitantes exclúen as estancias de menos de 24 horas no país, coma os [[Europa do norte|noreuropeos]] que cruzan cada ano o país para chegaren a [[España]] e [[Italia]]. Os principais atractivos de interese turístico de Francia son as súas cidades, posuidoras de grande interese cultural (sendo [[París]] a máis destacada), praias e destinos costeiros, ''resorts'' de [[esquí]], e rexións rurais que ofrecen ao turista fermosos paraxes para o descanso. Francia tamén atrae cada ano millóns de peregríns que se achegan ao santuario relixioso de [[Lourdes]]. No ano [[2003]] as principais atraccións turísticas do país (segundo o número de visitas no ano 2003<ref>http://www2.culture.gouv.fr/deps/mini_chiff_03/fr/musee.htm</ref>) son: a [[Torre Eiffel]] (6,2 millóns), o [[Museo do Louvre]] (5,7 millóns), o [[Palacio de Versailles]] (2,8 millóns), o [[Museo de Orsay]] (2,1 millóns), o [[Arco de Triunfo de París]] (1,2 millóns), o [[Centro Pompidou]] (1,2 millóns), [[Mont-Saint-Michel]] (1 millón), [[Château de Chambord]] (711.000), [[Sainte-Chapelle]] (683.000), [[Château du Haut-Kœnigsbourg]] (549.000), [[Puy de Dôme]] (500.000), [[Museo Picasso]] (441.000) e [[Carcassonne]] (362.000).
 
=== Intercambios exteriores ===
Desde hai 30 anos, a industria francesa internacionalizouse considerablemente. O desenvolvemento das exportacións varía moi fortemente dun sector a outro:
* Os sectores en retroceso son a madeira e o papel, os tecidos (a industria téxtil), os equipamentos eléctricos e electrónicos, os equipamentos do fogar, o vestido e o coiro.
Liña 209:
O 15% dos fogares máis ricos posúe o 55,8% do conxunto do patrimonio (son na súa maioría persoas de idade)<ref>{{Fr}}[http://www.inegalites.fr/spip.php?article38 Patrimonio: Quen posúe canto?], [[Observatorio das desigualdades]], 7 de xuño 2007.</ref>.
 
==== Situación das administracións públicas ====
O déficit público, coma o déficit orzamentario, é moi elevado: para 2007, os gastos netos do estado establécense en 271 mil millóns de euros; mentres que os ingresos totais netos ascenden a 228 mil millóns de euros. Segundo o Ministerio francés das finanzas, o déficit estableceuse en preto de 42 mil millóns de euros en 2007<ref>''Ministère de l'Économie, des Finances et de l'Emploi'', ministerio francés de finanzas [http://www.minefi.gouv.fr/directions_services/sircom/finances_etat/LF/2007/depliant_budget_etat2007.pdf Documento de presentación do orzamento do Estado para o ano 2007].</ref>.
 
A débeda pública das administracións públicas (Estado, colectividades territoriais, Seguridade Social, organismos varios da administración central) ascendía a 1.150 mil millóns de euros a finais de 2006, é dicir o 64,2% do PIB (os criterios do Pacto de estabilidade e de crecemento do Tratado da Unión Europea limitan o déficit ao 30% do PIB e a débeda ao 60% do PIB)<ref>[http://www.lemonde.fr/web/article/0,1-0@2-3404,36-852867@51-666777,0.html Xornal Le Monde.fr: Arquivos]</ref>.
 
=== Particularidades do sistema económico ===
[[Ficheiro:TGV POS Nuremberg Ingolstadt.jpg|thumb|left|O [[TGV]]POS (''[[París]]-[[Ostfrankreich]]-[[Süddeutschland]]'') percorrendo [[Alemaña]] e [[Suíza]].]]
A súa organización é de tipo [[Capitalismo|capitalista]] cunha intervención estatal forte ("neo-mercantilismo") desde a fin da [[Segunda Guerra Mundial]], ata tal punto que a miúdo se fala de "capitalismo á francesa":
Liña 223:
* Francia tamén puido constituír campións industriais internacionais, que están bastante esparexidos. Francia fabrica así os trens comerciais máis rápidos do mundo, dispón dunha industria automóbil poderosa (Peugeot-Citroën, Renault, Michelin), constituíu o primeiro grupo mundial de construción de centrais nucleares, coopera cos grupos aeronáuticos e aeroespaciais [[Airbus]], [[Eurocopter]], Ariane, Safran; acolle o grupo independente de aeronáutica militar Dassault, grupos farmacéuticos mundialmente reputados ([[Sanofi Aventis]] grupo industrial <ref>http://www.sanofi-aventis.com/en-bref/mission/mission.asp Datos 2007 do grupo</ref>, [[Institut Pasteur]]<ref>http://www.pasteur.fr/ip/easysite/go/03b-000002-007/institut-pasteur Presentación do instituo na súa páxina web</ref> fundación privada sen ánimo de lucro), algúns dos primeiros grupos mundiais da industria agroalimentaria, apoiándose na potencia da súa [[agricultura]] e a excelencia da súa [[gastronomía]], e da industria do luxo, desenvolve unha industria de obras públicas e construción moi poderosa (Bouygues, Eiffage, Vinci), unha industria cinematográfica de calidade, etc. O sector secundario representa o 24 % da poboación activa.
 
=== Desenvolvemento humano e pobreza ===
Francia situouse no posto 12º sobre 173 estados no ano 2000, 16º sobre 177 en 2003 e 2004, e 10º sobre 177 en 2005, segundo o [[Índice de Desenvolvemento Humano]] (IDH).
 
Liña 235:
Francia é 8ª sobre 17 países desenvolvidos (11,1 %) en 2000, 10 sobre 18 en 2004 (11,4 %) segundo o Indicador de pobreza humana (IPH-2). O débil crecemento francés e a unha forte presión fiscal non impiden que a posición relativa de Francia se deteriorase con relación a outros países desenvolvidos.
 
== Referencias ==
{{listaref}}
 
[[Categoría:Economía de Francia| ]]
{{DEFAULTSORT:Francia}}
 
[[Categoría:Economía de Francia| ]]
[[Categoría:Economía por país]]